Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Medio Rural

Centro de Recursos Zooxenéticos

As funcións que desenvolve  están encamiñadas á conservación e á recuperación das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción. Rabaños fundacionais de morenas Galegas e galiña de Mos, Banco de xermoplasma (seme e embrións bovinos), colaboración na xestión dos libros xenealóxicos, mantemento da diversidade xenética coa posta a disposición dos criadores de: sementais bovinos, seme e exemplares aviares, estudo e análise aplicativos de produción de razas.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia: Museo da Gandería e museo vivo

No museo da gandaría recolle a historia da gandaría dende o seu inicio ata a actualidade. Os seus fondos vanse incrementando cos aportes dos criadores. No museo vivo mostran as razas ás persoas que alí acoden.
 

El Consorcio Mvula (Sudáfrica)

El Mvula Trust (Consorcio Mvula), la más importante organización no gubernamental (ONG) de las que trabajan en el abastecimiento de agua y el saneamiento, en un clima de incertidumbre y cambio.

Proxecto RONSEL

O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo   patrimonio inmaterial galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión. Preténdense abordar estas tarefas de xeito científico para maximizar a súa eficacia.
 

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural teñen o obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.
 

Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

Centro de recuperación, estudo e difusión do patrimonio educativo galego
 

O proxecto SIGN II (Infraestrutura de Datos Espaciais para o territorio rural de Galicia-Norte de Portugal)

O proxecto formulouse como continuación do SIGN, con el  preténdese sistematizar, harmonizar e divulgar de forma conxunta a información dixital, recorrendo para iso ás TIC (Tecnoloxía da Información e as Comunicacións). Deste xeito, converten a información nun ben accesible para planificadores e xestores do medio rural, que poderían utilizala á hora de tomar decisións en campos variados, especialmente nos vinculados á ordenación territorial, planificación, valoración e conservación ambiental, rendibilidade de actividades rurais, etc.
 

Distribuir contenido