Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Agua

Proxecto Zaragoza, cidade aforradora de auga.

Establecemento dun programa na cidade que permitiu involucra a todos os sectores sociais en acción efectivas no que respecta ao aforro de auga. Destacan, entre as actuacións levadas a cabo o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización, desenvolvemento dun programa educativo, aprobación dun plan para aforrar auga, instalación de contadores de auga quente domiciliarios e construcción de vivendas con dispositivos aforradores de auga.
Zaragoza.
 

Fomento para o aforro e reutilización da auga no plan integral de aforro de auga de Vitoria - Gasteiz.

 Implantación dun Plan de Aforro de auga que conseguiu dotar dunha maior e mellor eficiencia ao sistema de distribución e, actuar sobre a demanda para diminuír o consumo dos diferentes axentes.
Vitoria-Gasteiz.
 

Fomento do aforro de auga no sector hoteleiro de Málaga.

Suscripción do concello a un convenio coa Asociación de Empresarios Hoteleiros da Costa do Sol co obxectivo de aumentar a eficiencia das infraestruturas de abastecemento de auga dos hoteles para aumentar o aforro de auga nun sector en crecemento e que supón un elevado consumo de auga. Nas actuacións a levar a cabo destacan modificacións técnicas para a redución do consumo, medidas de concienciación, instalación de contadores electrónicos, entre outras.
Málaga.
 

Sistema de xestión remota e centralizada da rede de rego de parques e xardíns da cidade de Mataró (Barcelona)

Implantación dun sistema de xestión remota e centralizada, vía Internet, da rede de rego dos espazos verdes da cidade. Este sistema permite un aforro importante de auga e facilita, a xestión do rego aportando aforro de tempo ao persoal de mantemento dedicado á programación, peche e apertura do rego das zonas verdes.
Mataró.
 

Ordenanza para o aforro de auga de Sant Cugat del Vallès (Barcelona)

Concello no cal se aprobou unha ordenanza municipal para o aforro de auga que incide nas novas construcións para uso residencial, hoteleiro ou deportivo. O obxectivo plantexado era reducir o consumo doméstico ata os valores recomendados de 180L/persoa e día para o 2010.
Sant Cugat del Vallès.
 

Declaración de cidade libre de auga embotellada en Bundanoon (Australia)

Establecemento da prohibición da venda de auga envasada en envases dun solo uso co obxectivo de reducir os custes ligados aos envases de auga. Para elo establecéronse sistemas fáciles e asequibles para que os cidadáns obtiveran e gardaran a auga potable, instaláronse diversas fontes de auga potable na cidade  e os comercios comezaron a vender envases reutilizables, entre outras medidas.
Bundanoon (Australia).
 

Mellora na xestión da rede de auga de Ontinyent.

 Actuacións levadas a cabo pola Empresa Xeral Valenciana da Auga S.A., que coas tecnoloxías máis innovadoras conseguiu un aforro de auga e de enerxía. Entre as actuacións levadas a cabo destacan a implantación dun sistema de telecontrol e de telexestión da rede, xestión de contadores e sectorización hidráulica da rede de distribución.
Ontinyent.
 

Reutilización da auga no Plan director de utilización de augas externas á rede de distribución de auga potable de Sabadell (Barcelona)

Plan Director que aposta pola utilización de augas externas á rede de auga potable da cidade para determinados usos coma a limpeza de rúas, rego de zonas verdes ou incluso industrial.
 Sabadell.
 

Fomento do aforro de auga no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Calvià (Mallorca)

O Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello plasma a obrigatoriedade de adoptar medidas para o fomento do aforro de auga. En concreto, obrígase á instalación de contadores individuais de auga para cada punto de consumo independente, o aproveitamento da auga de choiva e o aproveitamento de augas grises.
Calvià.
 

Instalación de contadores electrónicos e sistema automatizado de reparación de fugas en Oviedo.

Plan Piloto de instalación de contadores electrónicos que permite a obtención de datos estatísticos de cómo se consume a auga en cada vivenda ademais de proporcionar información para coñecer o perfil de consumo doméstico e dar unha solución para a mellora da xestión da demanda, detección de fugas no interior das instalacións particurais, etc. Ao mesmo tempo, de xeito paralelo desenvólvese outro plan na mesma rede centrado na prelocalización de fugas ocultas facilitando unha rápida detección e intervención rápida.
Oviedo.
 

Distribuir contenido