Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Que non pare o ritmo.

Este proxecto consiste na creación dun taller no cal se elaboran artesanalmente instrumentos de percusión. Cunha produción que van parar a diferentes puntos de España considera que  dentro de trinta anos seguirá facendo pandeiretas.
Pontedeume.
 

Unión no Val, polo Val e para o Val.

Este proxecto comezou co interese duns cantos produtores leiteiros no asociacionismo aglutinándose para chegar a facerse socios. Pasaron posteriormente á creación dun almacén para subministración agrícola, crearon máis tarde unha sección de crédito que puxo a cooperativa en pé. Engadiron unha sección de comercialización agraria coa cal se incorporaron novos socios e finalmente sumouse a este gran proxecto unha sección de maquinaria  cun marcado carácter social. Convertiuse así cooperativa nun motor para o futuro da zona.
Narón.
 

Leite e queixo coma os de antes.

Este proxecto sitúase na comarca de A Ulloa onde un dos sectores máis perxudicados era o leiteiro, por isto tiveron que buscar alternativas que lles supuxeran  saír de tal situación. Optouse pola elaboración de queixos de xeito artesanal, ademais deste valor engadido o creador deste proxecto uneu o potencial que supuña a produción ecolóxica. Deste xeito creouse unha explotación gandeira bobina para a produción láctea en ecolóxico.
Palas de Rei.
 

Cabalos de madeira e mar.

O protagonista deste proxecto comezou dende moi novo coa súa paixón pola artesanía en madeira, hoxe día  elabora xoguetes deste material na súa terra de orixe. Integra esta laboura coa directiva da asociación de artesáns do Eume e defende a artesanía fronte ós procesos industriais.
Pontedeume.
 

Moito aprendido.

Ante a situación de desemprego que vivía iniciadora deste proxecto , optou por formarse no tallado de vidro e as súas diferentes técnicas e modalidades. Tras unha consolidada formación decidiu establecerse no rural  montando un taller no cal elabora os seus propios deseños que os fan pezas únicas.
Cabanas.
 

Dando cor, dando vida.

Este proxecto foi levado a cabo por unha parella de estudantes de Belas Artes que se trasladaron da cidade a Pontedeume para abrir nun principio onde ensinaban a restaurar e pintar. Hoxe contan ademais cunha tenda de artesanía.
Pontedeume.
 

Ó aceiro non o leva o vento… ou si?

Proxecto pertencente ao sector eólico consistente na fabricación das aspas dos muíños de vento. Esta empresa embarcouse neste proxecto obtendo un resultado exitoso debido á demanda existente.
Narón.
 

Tecendo e destecendo a historia.

A paixón polo popular fixo ás dúas cabezas pensantes do proxecto crear o Centro de Recuperación da Cultura Popular do Castlo de Vila Sobroso. Para o  desenvolvemento da súa idea comezaron pola procura de todo tipo de elementos que supuxera recuperar o tradicional e antigo da zona. Comezaron por exposicións permanentes de todo tipo e agora crearon unha tenda taller na que elaboran produtos artesanais.
Ponteareas.
 

Camiño do viño.

Trátase da creación dun itinerario a carón do  río Miño que permite aos visitantes achegarse ás sete adegas de viño que están ubicadas ao longo desta ruta, museos do viño que xunto co entorno conxugan unha alternativa turística diferente pero interesante.
Crecente, Arbo, As Neves.
 

Un servizo natural.

A adquisición por parte do Concello de Ponteareas do Castelo de Sobroso trouxo consigo a finca que o circundaba onde se iniciu un proceso de recuperación e mantemento do rico parque forestal alí existente. Foi nel onde, despois duns anos, se pon en funcionamento unha aula da natureza. Neste espazo a parte da riqueza vexetal tamén se poden observar os seus habitantes, cabalos, avestruces e outros animais que se integran nun microcosmos de natureza.
Ponteareas.
 

Distribuir contenido