Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Con punto pero sen final.

Creación dunha empresa dedicada ó bordado industrial de prendas. Para levar a cabo o bordado utilízanse máquinas que traballan mediante un programa informático.
Vilagarcía de Arousa.
 

Para quedarse no Courel.

A partires da existencia de financiamento para proxectos que se quixesen executar no Courel e da paixón dos dous emprendedores deste proxecto pola zona, decidiron implantar un campamento cerca da Devesa dea Rogueira, unha importante reserva botánica. Máis tarde construíron apartamentos, creando unha interesante alternativa turística en plena natureza.
Folgoso do Courel.
 

Para facer hai que querer.

Froito dun momento complicado para a explotación porcina, decidiron pór a funcionar unha pequena fábrica de elaboración de embutido para darlle saída á produción da granxa. O éxito foi tal, orientándose nun principio fundamentalmente cara o chourizo galego, que tiveron que acudir á materia prima doutras granxas. A produción de elementos tradicionais introduciron valores de innovación co obxectivo de diferenciarse e ter sinais de identidade propios.
Riotorto.
 

Coma un moble de moito camiño.

Fabricación de carrocerías para vehiculos de transporte así como subministración e adaptación de equipamentos auxiliares.
Alfoz.
 

Xuventude dándolle xeito á historia.

Rehabilitación de casa rural do século XVIII para aloxar adega con recuperación de viñedos, así como dedicación a turismo rural e restaurante.
Ribadavia.
 

Unha produción alternativa.

Envasadora de esterco de cabra para a súa comercialización como adubo orgánico.
Lobios.
 

Os segredos da colmea.

 Investigación e elaboración de produtos transformados de materias primas obtidas da colmea. Desta proxecto proceden os bombóns de mel chamados   Vilanos e dos seis produtos que se poderían explotar dunha colmea, o emprendedor deste proxecto comercializa transformados máis de vinte, levando a cabo unha clara estratexia de diversificación.
Viana do Bolo.
 

Pel de artesán.

 Obradoiro de artesanía en coiro  cuxas raíces familiares comezan no avó da emprendedora deste proxecto que decidiu acollerse ao plan EMEGA para establecer o seu taller de elaboración de produtos artesanais de coiro que vende en feiras.
Vila de Cruces.
 

Novas sigladuras no ecoturismo.

 Implantación de actividades de aproveitamento turístico do patrimonio ambiental e mariño. Deste xurdiu a construción do primeiro catamarán de fondo acristalado do país e do litoral atlántico.

O Grove.

 

Reutilizar el residuo papel como material de embalar.

Se ha triturado todo el papel generado y se ha utilizado como material de embalar, concretamente se ha triturado el correspondiente a la documentación archivada que está obsoleta.
Todo el papel generado se tritura y se reutiliza como material de embalaje, con lo que se ahorra en la compra de material de embalaje y además no se generan residuos de papel.

Distribuir contenido