Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Aproveitando o que hai. Mantendo o que se fixo.

N a parroquia de Mera , concello de Ortigueira levouse a cabo unha reconversión de explotación de vacún de leite para a cría de cabalos de deporte, recría de navelas e oferta de actividades da natureza.
Ortigueira.
 

Espárragos da Ulloa.

Asociación de produtores de espárragos que tras ver que as súas fincas non eran rendibres se involucraron neste proxecto. Os agricultores tiveron que aprender moito sobre cultivo de espárrago e informarxe todos xuntos a través dos mellores expertos na materia.
Palas de Rei. Monterroso. Antas da Ulloa.
 

Conservas de tradición.

Fábrica de conservas artesanais que se dedica a todo tipo de peixe  e agora tamén con produtos de terra, serve a fora de Galicia en especial a Xapón . Tres xeracións son as que dirixiron a empresa e foron aprendendo todos uns dos outros.
Cariño.
 

Soldados á terra.

Taller de cerrallería dedicado fundamentalmente á carpintería de portas. Este taller comezou coma taller de mecanizados e incluso fabricación de apeiros agrícolas, foi a demanda na carpintería metálica de portes á progresiva especialización neste campo.
Chantada.
 

Algo máis que un xogo.

 Parque temático de ocio e aventura para nenos. Trátase dunha cooperativa de 4 socios, pensado sobre todo no trato persoal, cualificación profesional e instalacións.  Ademais é unha empresa de servizos turísticos pois organizan rutas guiadas e diversos paquetes turísticos, conscientes de vivir nunha comarca cun potencial moi rico en cultura, paisaxe e egastronomía.
O Carballiño.
 

Terra só hai unha.

Taller de mecanizados de precisión  rexido por un retornado buscando no rural o seu lugar de orixe o entorno e pequenas cousas que botaba de menos onde estaba emigrado.
San Amaro.
 

Hai iniciativas, hai ganas, hai Nullán.

Iniciativas empresariais diversas nun pequeño lugar dunha parroquia de montaña.. Nesta aldea hai emprendedores coma unha queixeira que asesorada pola Aula de Produtos Lácteos de Lugo, chegou a dedicarse á produción de queixos coa materia prima que proviña da explotación familiar. Outra iniciativa levada a cabo por unha parella que tras abandoar a explotación de gando vacún á que se dedicaban, en lugar de emigrar, crearon unha empresa familiar  dedicada á produción de pan artesanal que tivo gran aceptación e éxito, pola súa estratexia de seguir coa produción tradicional.

Leite branco…. Con filosofía verde.

 Explotación de gando vacún de leite de produción ecolóxica.  Nesta explotación o dono conseguiu que as vacas pasten nas terras que arrenda e lle ceden , sen que estes animais cheguen a saber o que é o sabor do pienso. Cun valor engadido considerable que o diferencia considerablemente das outras explotacións  o protagonista deste proxecto aposta por unha explotación pequena en produción, pero grande en rendibilidade.
A Baña.
 

Cor e Luz.

Taller de deseño e fabricación artesanal de vidreiras de vidro soprado. A emprendedora que levou a cabo este proxecto iniciouse neste mundo coma unha afeción ata que a paixón que sentía a transformou no seu modo de vida. Elixiu a técnica de vidro soprado porque lle permite utilizar unha gama moito máis ampla de cores.
Celanova.
 

A agulla que corre no Entroido.

Taller de deseño e confección de traxes tradicionais de peliqueiro, típicos dos entroidos de Laza. A emprendedora deste proxecto elabora todos os elmentos destes famosos traxes de xeito totalmente artesanal. Os coñecementos adquireunos dun xastre velliño dunha parroquia veciña e agora os seus traxes son os protagonistas do entroido en Laza, e mesmo algún xa chegou ata Nova York.
Laza.
 

Distribuir contenido