Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Declaración de cidade libre de auga embotellada en Bundanoon (Australia)

Establecemento da prohibición da venda de auga envasada en envases dun solo uso co obxectivo de reducir os custes ligados aos envases de auga. Para elo establecéronse sistemas fáciles e asequibles para que os cidadáns obtiveran e gardaran a auga potable, instaláronse diversas fontes de auga potable na cidade  e os comercios comezaron a vender envases reutilizables, entre outras medidas.
Bundanoon (Australia).
 

Mellora na xestión da rede de auga de Ontinyent.

 Actuacións levadas a cabo pola Empresa Xeral Valenciana da Auga S.A., que coas tecnoloxías máis innovadoras conseguiu un aforro de auga e de enerxía. Entre as actuacións levadas a cabo destacan a implantación dun sistema de telecontrol e de telexestión da rede, xestión de contadores e sectorización hidráulica da rede de distribución.
Ontinyent.
 

Reutilización da auga no Plan director de utilización de augas externas á rede de distribución de auga potable de Sabadell (Barcelona)

Plan Director que aposta pola utilización de augas externas á rede de auga potable da cidade para determinados usos coma a limpeza de rúas, rego de zonas verdes ou incluso industrial.
 Sabadell.
 

Fomento do aforro de auga no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Calvià (Mallorca)

O Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello plasma a obrigatoriedade de adoptar medidas para o fomento do aforro de auga. En concreto, obrígase á instalación de contadores individuais de auga para cada punto de consumo independente, o aproveitamento da auga de choiva e o aproveitamento de augas grises.
Calvià.
 

Plan de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès.

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

Instalación minieólica en edificios urbanos en Lisboa.

Trátase dunha instalación minieólica en cuberta que consta de oito aeroxeneradores urbanos que producen 38.000KWh ao ano.
Lisboa.
 

Centro de Interpretación Sefardí

Iniciativa Imagine: preparar as cidades europeas para un novo futuro enerxético.

Consiste nunha plataforma multidisciplinaria e con múltiples actores para compartir e discutir aspectos da sustentabilidade urbana vinculados coa enerxía creando coñecemento que sexa útil a medio e longo prazo con diversos instrumentos ( seminarios anuais, conferencias, xornadas, exposicións, etc.).
Energy-Cities.
 

Energy Harvesting System: Enerxía eléctrica xerada polo paso de vehículos na estrada.

Consiste na obtención de enerxía renovable a partires do tráfico de vehículos e persoas nas rúas, carreteras, autopistas, ferrocarriles, aeroportos e centros comerciais. O sistema baséase en xeradores piezoeléctricos que converten enerxía mecánica e enerxía eléctrica.
Israel.
 

Distribuir contenido