Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

A presentación comeza cunha breve explicación sobre a situación do monte galego respecto da propiedade e os tipos de propiedades existentes. Aborda a problemática dos incendios forestais e a necesidade de por en valor o monte galego. Mostra a resposta da Administración cun novo marco lexislativo explicando os obxectivos e no marco da Lei 3/2007 as finalidades da UXFOR. Plasma exemplos de Uxfor e remata cunha diapositiva na cal dispón claramente tódolos obxectivos deste tipo de unidade de xestión.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Este manual pretende unificar criterios mínimos nos contidos e disposición da información nos Plans de Xestión, establecendo a estrutura mínima dun plan deste tipo, o formato do texto a presentar, a información xeoespacial a aportar, xunto coa información que se vai definindo nos indicadores dispostos nos seguintes doce anexos para finalizar co anexo trece denominado "Metadatos".
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural e Dirección de Montes e Industrias Forestais

 

Este é un comic que conta historia  dunha viaxe no tempo co obxecto de amosar o que provocou o cambio climático comparando os mesmos escenarios e épocas distintas.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. Climántica

 

Define o que supón a ordenación dos montes.
Organismo promotor: Xunta de Galicia. Consellería de Medio  Rural.

 

Este video é unha entrevista ao científico británico James Lovelock que viaxou a Galicia para recoller o Premio Fonseca 2009 de Divulgación Científica otorgado ao abeiro doPrograma ConCiencia creado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela. Nesta entrevista respondeu a diversas preguntas relacionadas co cambio climático.
Organismo promotor:CLIMÁNTICA

 

Conferencia impartida en Santiago de Compostela o 6 de outubro de 2009 polo científico británico James Lovelock, titulada “Cambio climático nun planeta vivente”. Entrega do Premio Fonseca a James Lovelock. Nesta conferencia o científico pon de manifesto a problemática do cambio climático no planeta.
Organismo promotor:CLIMÁNTICA

 

Este documento menciona as distintas actuacións e servicios existentes por parte da consellería para o mantemento dunha axeitada sanidade forestal dos montes galegos.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Desenrolo Rural.


 

Este é un informe no cal mediante multitude de gráficos se especifican as emisións realizadas polos distintos sectores en Galicia no 2009. Tamén se realiza unha comparación destas emisións cos anos anteriores dende o 2005.
 

A temática deste libro docente está baseada nos residuos sólidos. A evolución histórica na xeneración, o coñecemento dos aspectos sanitarios e epidemolóxicos asociados aos residuos e as propiedades dos mesmos permiten elexr entre as diferentes formas de xestión, de xeito que se teña sempre presente o respecto ao medio ambiente e a proteción da saúde pública. A posibilidade de obter algún beneficio dos residuos plantexa tratamentos alternativos coma a reciclaxe ou a valorización, recurrindo, coma última solución, á eliminación segura.

Esta guía é unha ferramenta de apoio para os responsables municipais encargados da adquisición de equipamento e contratación de proxectos e construción de novas edificacións. Nunha primeira parte , inclúense consellor e especificacións        técnicas mínimas que hai que aplicar na compra de equipamento, citando as distintas tecnoloxías existentes e vantaxes e inconvenientes de cada unha.