Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Territorio

Campaña de sensibilización e prevención contra o ruído.

Esta iniciativa consiste na sensibilización á poboación respecto á contaminación acústica, contribuíndo á súa prevención e redución dos niveis de ruído ambiental a medio prazo. Logrouse identificar os focos conflictivos respecto do ruido da cidade e priorizáronse as accións a levar a cabo en ditas zonas.
Lisboa (Portugal).
 

Aplicación informática para o control da rede de abastecimento municipal.

Esta boa práctica supuxo a posta en marcha dun programa informático para o telecontros e supervisión dunha serie de caudalímetros distribuídos por zonas sectoriais na rede municipal de abastecemento de auga. Levar a cabo esta iniciativa deu coma resultado unha xestión máis racional e efectiva da rede de distribución da auga reducindo as fugas, ademais de dispor de información adicional sobre a súa explotación.
Arrasate- Mondragón (Guipuzkoa).
 

A U Urbana – O libro branco das rúas de Barcelona.

Elaboración da primeira guía de ordenación das rúas de Barcelona. Elaborada por expertos en distintas materias, lograron cun enfoque plural das intervencións no espazo público a realización dunha ferramenta práctica e útil para os profesionais da área.
Barcelona.
 

Regulación do uso, conservación e protección dos camiños municipais de uso público do termo municipal de Córdoba.

Proxecto dirixido ao recoñecemento dos trazados dos camiños municipais e localización de fontes, abrevadeiros e alcubillas, regulando asimesmo o seu uso.
Córdoba.
 

Revexetación para a recuperación paisaxística da campiña de Córdoba.

Proxecto que establece a planificación, diagnóstico e xestión ambiental da Unidade Xeoecolóxica da Campiña de Córdoba, en relación co resto do concello. Dito proxecto pretende afrontar a problemática da simplificación da paisaxe agrícola, a perda de biodiversidade, os procesos erosivos, a contaminación difusa e a desconexión ambiental e territorial do municipio.
Córdoba.
 

Creación do novo distrito de Kronsberg en Hannover (Alemania)

Desenvolvemento do distrito de Kronsberg co obxectivo de lograr un modelo de desenvolvemento sustentable no ámbito urbano cubrindo ao mesmo tempo as necesidades de nova vivenda. Na súa construcción adoptáronse os elementos máis innovadores.
Hannover (Alemania).
 

Espazo público, mobilidade e accesibilidade no distrito de Gràcia (Barcelona)

Proxecto que plantexa un novo modelo de mobilidade e espazo público para mellorar a funcionalidade e calidade urbana do distrito de Gràcia.  O obxectivo deste proxecto persegue unha maior accesibilidade para o peón e un maior uso dos transportes máis sustentables. Tamén se crearán grandes mazáns.
Barcelona.
 

Mellora paisaxística do acceso a Granollers (Barcelona) pola carretera BP-5002.

Mellora da carretera que accede á cidade de Granollers mediante actuacións de reestruturación da sección da vía, construcción de beirarrúas, plantación de vexetación, ordenación das infraestruturas técnicas, eliminación de vallas publicitarias e mellora das vallas das fincas adxacentes.
Granollers.
 

Plan de Mobilidade y Espacio Público de Vitoria-Gasteiz.

Plan consistente nunha serie de actuacións que afectan á circulación do vehículo privado, ao transporte público, ao aparcamento, á rede ciclista e peonil, así coma á habitabilidade e a accesibilidade da cidadanía e equipamentos, redes de transporte e actividades.
Vitoria-Gasteiz.
 

Proxecto E-Bus da EMT: Xestión Intelixente da Flota de Autobuses de Madrid.

Este proxecto implica a implantación da última tecnoloxía co fin de facilitar a xestión da flota de autobuses, incorporando á súa vez servizos de alto valor engadido para o pasaxeiro.
Madrid.
 

Distribuir contenido