Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento. Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos; sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.