Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

SODECO configúrase como unha sociedade anónima de carácter instrumental e de servizos de apoio ao desenvolvemento territorial, constituída pola Xunta de Galicia cuxo obxecto é a realización de actividades de investigación e a prestación de servizos relacionados cos estudos e a planificación territorial e o desenvolvemento comarcal. Así mesmo, encárgase da elaboración de estudos, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal. As súa actividades pódense agrupar en tres áreas de traballo Planificación e estudos, Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), os Centros Comarcais. Dentro dos mesmos está a Fundación para o desenvolvemento da Comarca, un ente específico que permite a integración do sector público e do privado, constituíndose como un grupo de acción comarcal que ten como obxectivo fundamental a dinamización das iniciativas comarcais e a promoción dos recursos endóxenos.