Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Neste catálogo recóllense as publicacións realizadas polo IDEA dende 1982 ata o 2009. Dito catálogo está estruturado cos obxectivos da actividade de IDEA, que son a promoción da eficiencia enerxética en España, o uso racional da enerxía así coma a diversificación das fontes de abastecemento e a utilización das enerxías renovables. Distribúese o catálogo en tres seccións, o aforro e eficiencia enerxética, as enerxías renovables e unha última sección na cal se tratan temas xerais que abarcan temas relacionados coas seccións anteriores.

Palabras clave: IDEA

 

Esta guía pretende informar ó cidadán para que adquira unha maior conciencie e darlle valor ao importante que son os pequenos xestos. Nela identifícanse os distintos consumos de enerxía da vida cotiá e as prácticas para mellorar neste aspecto presentando os beneficios a obter para o usuario, a economía do país e o Medio Ambiente. A guía estrutúrase en 7 capítulos nos cales se analizan distintos temas relacionados co consumo enerxético e que nos mostran como contribuir ao aumento da eficiencia enerxética e a diminución do impacto ambiental no consumo de enerxía.

 Esta guía comeza cunha introdución na cal se responde a distintas cuestións sobre o porqué da eficiencia enerxética na rehabilitación, o confort enerxético e aforrar enerxía. Continúa cun analise enerxético do consumo de enerxía na vivenda e como funciona enerxéticamente un edificio ou vivenda. Seguidamente sinala cómo facer unha rehabilitación eficiente dun edificio ou vivenda. Finaliza cuns consellos e información de interese sobre axudas públicas e entidades ás que se pode acudir.
Organismo promotor: Centro de Recursos Ambientales de Navarra.

 

Esta  guía fai unha reflexión sobre situacións nas cales sucumbimos a maior parte das veces ao consumo compulsivo. Por elo realiza unha observación dos hábitos de consumo e unha vez feito iso analízaos e propón optar por organizar e disfrutar as festas no fogar de xeito sostible. Esta guía divídese en tres fases: antes, durante e despois, atopando en cada unha destas fases propostas, boas razóns para aplicalas e ideas que xa foron desenroladas noutros fogares.

 

O informa recolle a evolución do mercado enerxético en España durante o 2009. Fai un análise detallado dos Balances Enerxéticos e prezos así coma as novas disposicións legais de ordenación do sector.
Organismo promotor: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Secretaría de Estado de Energía.

 

Este documento fai un análise primeiro do sector das enerxías renovables en Galicia respecto do resto de España. Seguidamente vai polos distintos tipos de enerxía renovables analizando a súa situación en Galicia e viabilidade.
Organismo promotor: INEGA

 

Neste documento móstranse distintos tipos de medidas para facer un uso máis eficiente do coche. Comeza con técnicas de condución e os seus beneficios e claves para unha condución máis eficiente. Refírese tamén ao mantemento do coche proporcionando consellos para o aforro de combustible. Finalmente sinala outras medidas para o uso correcto do coche.
Organismo promotor: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Gobierno de Navarra. IDEA.

 

Esta guía presenta pautas para realizar unha xestión enerxética dos edificios que inclúan o seguimento dos consumos enerxéticos, a optimización do funcionamento das instalacións, e o impulso de hábitos responsables.  Proponse a incorporación e a valoración do criterio da eficiencia enerxética na contratación pública, na adquisición de  obras novas ou reforma, na adquisición, do equipamento consumidor ou transformardor de enerxía, incluído o equipamento informático. Preséntanse ideas para reducir as necesidades de desprazamento e lograr unha movilidade máis sostible.

Esta guía propón a elaboración dun plan enerxético para os centros escolares que supoña unha ferramenta de traballo participativa e integradora co obxectivo de afrontar o estudo do consumo enerxético e reducir as emisións de CO2 asociadas. Descríbense as fases para o desenrolo de dito plan plasmando en cada unha delas ideas e fichas necesarias para levalas a cabo. Ofrécese tamén unha xustificación curricular do tema enerxético, consellos prácticos ,medidas de aforro e recursos didácticos complementarios.
Organismo promotor: CRANA

 

Esta presentación aborda o tema das tecnoloxías e o Medio Ambiente, contextualizándoo dentro do marco europeo tratando as iniciativas relativas ó mencionado tema. Seguidamente fai tamén unha análise dentro do contexto nacional dos programas e proxectos realizados.
Organismo promotor: Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial