Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Litoral

Sendeiro Rural de Galicia.

La ruta en Vigo se acerca a dos promontorios conocidos por sus vistas panorámicas: A Madroa sobre la Ría de Vigo y el Castro de Negros sobre el valle del río Maceiras, Redondela y la ensenada de S. Simón. El primer hito en el camino lo constituye el Castillo de Soutomaior, fortaleza medieval en un armónico entorno.
Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou e Santiago de Compostela.
 

Sendeiro Laxe-Punta Ínsua.

De pequeno percorrido, parte do centro do pobo de Laxe. Transcorre a carón do mar, por sendeiros que non presentan dificultade. A ruta complétase ao final cunha visita á ermida de Santa Rosa.
Laxe, Punta da Insua, Laxe, ermita de Santa Rosa y Laxe.
 

Rota da Fraga da Becerreira.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas. Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

Rota Ribeira do Ulla-Touro.

Esta rota, no concello coruñés de Touro, ten no río Ulla o seu principal protagonista. Dende a Ponte Basebe ata San Pedro deRibeira é, sen dúbida, o seu carácter medioambiental o que marca a rota: sendas de pescadores, camiños de carro, grandes fragas, tupidas carballeiras, agachadas fervenzas e a importante paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego.
Ponte Basebe, Carballeira de Basebe, Fervenza do Inferniño, Finca do Retorno, Carballeira do Pego, Pozo do Pego, carretera de San Pedro de Ribeira.
 

Rota da Auga de Guitiriz.

A Rota da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.
Ponte y Capela de Santo Alberto, Fonte da Fala, Ponte Pitero, Fonte de Valdobín, A Pobra de Parga, A Ponte de Ferreira, A Ponte de Montemeá, A Ponte de Moeiro, Balneario de Guitiriz, A Ponte da Forxá, Área recreativa y piscina de Os Sete Muíños, O Pazo, Pardiñas.
 

Reserva da Biosfera "Xurés-Geres".

 É esta unha das reservas transfronteirizas meirandes da Unión Europea. Destaca, segundo o seu recente recoñecemento como Reserva da Biosfera pola UNESCO “pola variedade dos seus ecosistemas de bosque e turbeira, así como polo considerable número de especies endémicas baixo a influencia conxunta do clima oceánico e mediterráneo”.
 En Galicia: Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande. En Portugal: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre.
 

Unha ría máis transparente.

Esta iniciativa nace dun murense que mandou construír un catamarán co fondo todo acristalado para que a xente puidera apreciar visual e gastronómicamente  a riqueza da ría pois mentres os turistas observan o que a ría esconde poden disfrutar dun anaco de empanada e un bo viño.
Muros.
 

Mirador de A Granxa

"O miradoiro atópase no municipio de Sanxenxo, na estrada, que vai de Pontevedra a O Grove nun ámbito semiurbano e ofrece unha fermosa panorámica de toda a ría de Pontevedra, podéndose contemplar a cidade de Pontevedra, a Isla de Tambo, Marín e as súas praias e a vila mariñeira de Raxó co seu porto e as súas bateas. Atópase nun enclave privilexiado, entre o mar e os numerosos montes que forman a parroquia, como son Monte Faro, Castro e Ventureira, cunha frondosa e variada vexetación de piñeiros, carballos, castiñeiros e eucaliptos.
"
 

Mirador de A Curotiña

"Miradoiro situado no cumio do monte A Curotiña, a 498 m de altitude. Ámbito forestal e marítimo. Pódese ver a costa da bisbarra de Barbanza, Vilagarcía, a Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove, as illas de A Toxa e Sálvora. Afirman que en días despexados se pode observar todo o litoral dende Fisterra ao monte de Santa Tegra (A Garda). Levántase un monumento, en pedra, á figura do ilustre fillo da ría de Arousa Ramón María del Valle Inclán.

"Mirador de A Curota "

"Miradoiro situado en A Curota, a uns 514 m de altitude. Ámbito forestal e marítimo. A vai o canón do río Barbanza e a súa confluencia co río Pedras, a ría de Arousa, a bisbarra do Barbanza, os montes Iriote, Barbanza, Ás Forcadas e A Muralla. Tamén se contemplan dende aquí o río Beluso, Castro Barbudo, as illas de Arousa, Sálvora, Cíes, as dunas de Corrubedo, as lagoas de Corrubedo, Xuño e Vixán e Punta Neixón. En días claros obtense unha magnífica panorámica de toda a costa occidental galega, dende Fisterra ata o monte de Santa Tegra (A Garda).

Distribuir contenido