Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Rota da Fraga da Becerreira.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas. Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.
A ruta ascende acompañando o regueiro Vilapercide ata o seu nacemento. Cruzando de beira a beira por pasarelas de madeira percíbese o típico bosque de ribeira húmido e escuro. Ás veces, as placas identificativas axudan a recoñecer os diferentes exemplares de árbores. Nas Liñeiras sepáranse ambas as sendas e o PR-G 81 introdúcese na parte alta do bosque autóctono onde predominan os carballos. O descenso cara ao punto de partida é suave.
Cruce en la CP-55-06, fraga de Becerreira, arroyo Vilapercide, As Liñeiras, zona alta de la fraga, cruce en la CP-55-06.