Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

Sentemento na aldea.

Este proxecto foi iniciado por un lisboeta de orixe galega que decidiu cambiar o ritmo da cidade pola tranquilidade e riqueza do rural. O seu proxecto comezou coa rehabilitación da casa de seu avó e despois de sete casas máis da mesma aldea. Dende un principio buscou a non ruptura coa harmonía existente apostando por unha arquitectura biolóxica, empregando materiais nobres, autóctonos e respetuosos polo Medio Ambiente.

Escola de altura.

O iniciador deste proxecto veu do centro da península para Galicia. A súa empresa ofrece voos e a posibilidade de aprender a pilotar un ultralixeiro para a obtención da licenza necesaria da Dirección Xeral de Aviación Civil Española e tamén a xestión de tódolos trámites asociados. Funciona dende o aeródromo da vila de Mêa en Portugal trala negativa de tódolos aeródromos de Galicia a acoller a súa iniciativa. A raíza da escola creouse un club con máis de sesenta socios, a afección vai en aumento.

Polo río abaixo.

Trátase dunha iniciativa baseada na afecións dos socios. Esta empresa é pioneira na implantación de raftin en Galicia. Tralo estudo dos ríos para atopar o escenario ideal foron construíndo Ulla I e Ulla II convertíndoos en enclaves de aventura e diversión. Hoxe día, oferta canoa, rafting, puenting, barranquismo, equitación, kayac, parapente, tiro con arco e sendeirismo. Tamén se veu ampliada a súa capacidade organizativa podendo mover a grupos de máis dun cento de persoas. As premisas para esta empresa son a reciclaxe continua e o perfecto coñecemento das zonas de traballo.

A tres golpes… e un limón máis.

Coa intención de sacarlle partido a unha leira de limoeiros, pensaron nunha actividade do eido turístico. Coa colaboración dun deseñador e tras informarse debidamente foron pulindo a idea ata crear na mencionada leira un campo de golf tipo Pitch&Putt. Este tipo de golf ten as vantaxas de que se xoga en menos tempo e mellórase o xogo en curto. O tipo de cliente pensado inicialmente era da comarca pero o que está funcionando é o da Coruña. Con seis buracos e 450 metros de percorrido con limoeiros, este lugar é considerado unha canteira para os campos máis grandes.

Augas abaixo.

Esta empresa dedícase á organización de actividades no medio natural, fundamentalmente en cursos acuáticos. Coa crenza de que temos que hai que vender Galiza coma un produto natural, os empresarios que comezaron con esta iniciativa  con base en Tui, organizan actividades, todas elas no medio natural, entre elas Rafting, canoa ou kayak.
Varios das provincias da Coruña e Pontevedra.
 

Un percorrido polas flores da montaña.

Esta empresa dedícase a ampliacións e melloras na produción, envasado e comercialización de mel. Aínda que comezou a súa andaina nos 80 foi nos anos 90 cando apostaron forte construíndo novas instalacións e equipos debido á boa venda do produto e da demanda. Os donos desta empresa consideran Galiza un lugar idóneo para a fabricación deste produto debido á riqueza vexetal existente. A expansión da empresa non só se produciu a nivel rexional  senón tamén nacional.
Samos.
 

Teoría, práctica e carne saudable a domicilio.

Neste caso a idea inicial rematou na creación dunha cooperativa de gandeiros de vacún de leite e carne con iniciativas de produción e comercialización de carne eleite ecolóxico. A cooperativa aposta por un xeito lóxico de producir, unha gandería sustentable no tempo que colabora para a conservación dos recursos naturais así coma pola calidade do produto.
Verín.
 

Un plan de xermolos.

Este proxecto iníciase en Teo, creando o primeiro viveiro de cultivo de frondosas ornamentais en Galicia. O creador deste proxecto veu neste cultivo unha alternativa ao abandono agrario do rural e xurdiu o plan Estela, aposta estratéxica que permitiría a creación de postos de traballo. Dito plan impulsou o asociacionismo de dezanove persoas que xuntaron as súas terras para dita produción.
Teo.
 

A experiencia do caracol.

Iniciativa que emprenden tres socios tras un curso de helicultura na facultade de Bioloxía de Santiago, materializándose nunha cooperativade produción de caracol.  A cooperativa paralelamente á produción dedicou e dedica boa parte á investigación para lograr unha optimización na produción. A cooperativa conta hoxe cun parque -escola no que ademais de facer investigación proporcionan formación aos socios na actualidade son máis de oitenta.
Valga.
 

Leite e queixo coma os de antes.

Este proxecto sitúase na comarca de A Ulloa onde un dos sectores máis perxudicados era o leiteiro, por isto tiveron que buscar alternativas que lles supuxeran  saír de tal situación. Optouse pola elaboración de queixos de xeito artesanal, ademais deste valor engadido o creador deste proxecto uneu o potencial que supuña a produción ecolóxica. Deste xeito creouse unha explotación gandeira bobina para a produción láctea en ecolóxico.
Palas de Rei.
 

Distribuir contenido