Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sentemento na aldea.

Este proxecto foi iniciado por un lisboeta de orixe galega que decidiu cambiar o ritmo da cidade pola tranquilidade e riqueza do rural. O seu proxecto comezou coa rehabilitación da casa de seu avó e despois de sete casas máis da mesma aldea. Dende un principio buscou a non ruptura coa harmonía existente apostando por unha arquitectura biolóxica, empregando materiais nobres, autóctonos e respetuosos polo Medio Ambiente. Actualmente conta con 50 prazas, restaurante, terraza, unha leira de 10 hectáreas, salón social, biblioteca e ten en proxecto contar con piscina, sala de spa, ximnasio, fisoterapia e proporcionar actividades adaptadas ás necesidades dos grupos. Buscou tamén a sinerxia cos veciños para involucralos no proxecto así é que moitos dos alimentos que se ofrecen no restaurante proveñen deles.
O Covelo.