Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Rota do Faro.

O punto de partida márcao o sinal que separa as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense . A senda iníciase por unha pista e segue cara ao norte por unha devesa que percorre os cumios da Serra do Faro.
O Marco, Penas Grandes, Pena Maior, Faro, Ermida do Faro, Campo da Festa, Coto das Gambas, oMarco, Alto do Faro.
 

Sendeiro Laxe-Punta Ínsua.

De pequeno percorrido, parte do centro do pobo de Laxe. Transcorre a carón do mar, por sendeiros que non presentan dificultade. A ruta complétase ao final cunha visita á ermida de Santa Rosa.
Laxe, Punta da Insua, Laxe, ermita de Santa Rosa y Laxe.
 

Sendeiro Morgallón-Río Sor-Morgallón.

A ruta discorre por un sendeiro ao lado do río Sor. Á metade do percorrido atópase unha "silla colgante", coa que se pode cruzar o río grazas a unha polea.
O Morgallón, río Sor y O Morgallón.
 

Senda de Santa Marta.

O camiño sobe suavemente ata enlazar cunha pista que percorre a ladeira do monte de Santa Marta. Xunto a unhas antenas sae unha derivación cara a un miradoiro que, a máis de 200 metros de altitude, ofrece excelentes vistas sobre o val do río Miño e a vila de Ribadavia. Pásase xunto a unhas antigas minas de volframio para iniciar o descenso cara a San Paio e obter unha panorámica do encoro de Castrelo de Miño e a igrexa de Santa María.
(Ribadavia)  Monte de Santa Marta, Santa Cristina, San Paio.
 

Rota da Fraga da Becerreira.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas. Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

Rota do Monte Roxal-Teixido.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas.Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

Rota de subida ao Picato.

No inicio a ruta apenas ofrece dificultade, pero a medida que se interna no bosque de piñeiros vólvese máis empinada, ata chegar ao Alto do Picato (743 m) desde onde se pode gozar dunha fermosa vista. A senda zigzaguea e descende para abandonar o bosque e gozar das paisaxes de Santiago de Vilapena e a súa fraga. O regreso faise por un trazado practicamente chan ata alcanzar punto de partida.
( Riotorto e Vilapena) Área recreativa del Alto do Couso, Alto do Picato, Monte da Cerdeira y área recreativa del Alto do Couso.
 

Sendeiro viñedos da Ribeira Sacra.

Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural. En Albarán segue un camiño de servizo para os viñedos que conduce cara ao val do río Cabe. O camiño serpea entre as vides de uva mencía coa que se elabora o afamado viño da D.O. Ribeira Sacra. Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza. En Portizó e Hortás pódese contemplar boas mostras de arquitectura tradicional.

Rota Ribeira do Ulla-Touro.

Esta rota, no concello coruñés de Touro, ten no río Ulla o seu principal protagonista. Dende a Ponte Basebe ata San Pedro deRibeira é, sen dúbida, o seu carácter medioambiental o que marca a rota: sendas de pescadores, camiños de carro, grandes fragas, tupidas carballeiras, agachadas fervenzas e a importante paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego.
Ponte Basebe, Carballeira de Basebe, Fervenza do Inferniño, Finca do Retorno, Carballeira do Pego, Pozo do Pego, carretera de San Pedro de Ribeira.
 

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón.

Percorrido de muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.
A Ponte das Penas - Molinos del Picón - Molinos del Folón - A Ponte das Penas.
 

Distribuir contenido