Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Economía

Aloxamento con historia… e futuro.

Rehabilitación dun pazo do século XVII e posta en funcionamento dun aloxaento de turismo rural con numerosos servizos coma piscina, pistas de tenis e un spa en proxecto.
Barco de Valdeorras.
 

O futuro nos soutos.

Empresa de transformación e comercialización de cogomelos e castañas, así como viveiro de castiñeiro enxertado e micorrizado.
Larouco.
 

Volver a comezar.

Empresa de fabricación de diversos compoñentes para mobles de cociña, dormitorio, etc, polo xeral en madeiras nobres macizas. Esta empresa confórmana trece socios e conta cunhas instalacións de sete mil metros cadrados onde se dispón da maquinaria de última xeración, iso sí, ubicada no rural.
Vilardevós.
 

En pares, as palillas e as palilleiras.

Asociación de palilleiras A Nosa Señora da Barca de Muxía que se dedica ao encaixe de bolillos. Esta asociación está hoxe en día integrada por cento dez palilleiras que fan quendas quincenais para manter aberto o seu local de Muxía pero as súas creacións van ata toda a Península inclusive outros países.
Muxía.
 

Algo especial.

Establecemento hoteleiro nun antigo semáforo da maríña de guerra no cabo de Fisterra. No 1999 foi rehabilitado pola Administración, pasando a ofertarse a súa explotación en réxime de concesión municipal.  A xente que se achega busca segundo o propietario da concesión tranquilidade e un servizo de calidade.
Fisterra.
 

Cuestión de química.

Tinturería e lavandería que conta coa maior máquina de seco do mercado, novedosa entre outras cousas polo seu respecto medioambiental: ó ir provista de filtros ecolóxicos, destila os fluídos empregados que son reutilizados unha e outra vez.  Os emprendedores desta iniciativa tratan de diferenciarse no servizo, na  profesionalidade e no coidado do proceso.
Vimianzo.

 

Gozando coa madeira.

Proxecto consistente na restauración de moble antigo e creación de moble clásico coa utilización de madeira maciza, preferntemente de castiñeiro do país. Escapando da produción industrial e en serie.
Castro de Rei.
 

Cada vez máis claro.

Establecemento de lavandería industrial orientada a dar servizo a hostalería, comedores públicos, hospitais (mantelería,etc) que pretendan externalizar ese servizo e con gran capacidade de procesado.Contan con  maquinaria avanzada e está  situado nun lugar estratéxico pero no rural.
Castro de Rei.
 

Tradición a domicilio.

A asistencia previa a un cursiño de cociña e ante a novo contexto social, no cal as mulleres se introduciron no mundo laboral sen contar co tempo necesario para facer de comer deulle unha idea á protagonista da iniciativa , crear un servizo de comida tradicional galega a domicilio, coa utilización de produtos de primeira calidade da Terra Chá.
Castro de Rei.
 

Un queixo con fume e nome.

Tras visitar iniciativas similares noutras zonas de Galicia o protagonista do proxecto decidiu levalo a cabo, produción de queixo de leite de vaca con Denominación de Orixe San Simón en queixería semi-industrial. Agora non só realiza venta directa, online, a grandes centros comerciais senón que tamén exporta aos EEUU, ó Xapón e a Australia.
Vilalba.
 

Distribuir contenido