Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Rota Ribeira do Ulla-Touro.

Esta rota, no concello coruñés de Touro, ten no río Ulla o seu principal protagonista. Dende a Ponte Basebe ata San Pedro deRibeira é, sen dúbida, o seu carácter medioambiental o que marca a rota: sendas de pescadores, camiños de carro, grandes fragas, tupidas carballeiras, agachadas fervenzas e a importante paraxe natural coñecida como o Pozo do Pego.
Ponte Basebe, Carballeira de Basebe, Fervenza do Inferniño, Finca do Retorno, Carballeira do Pego, Pozo do Pego, carretera de San Pedro de Ribeira.
 

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón.

Percorrido de muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.
A Ponte das Penas - Molinos del Picón - Molinos del Folón - A Ponte das Penas.
 

Sendeiro de "Os Carranos".

No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.
Rectoral de Fofe, Puente romana de Fofe, aserradero de Os Carranos, Trasfontán, playa fluvial de Maceira.
 

Rota Canón do Sil - Santa Cristina.

Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
Parada de Sil, Sardela, Entrambos-ríos, San Vitoiro, Fondo de Vila, O Fental, As Fontiñas, Portela, A Galiña, camino al Monasterio de Santa Cristina (señalado fuera de la ruta), Castro, Chamoso, Parada de Sil.
 

Rota da Auga de Guitiriz.

A Rota da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.
Ponte y Capela de Santo Alberto, Fonte da Fala, Ponte Pitero, Fonte de Valdobín, A Pobra de Parga, A Ponte de Ferreira, A Ponte de Montemeá, A Ponte de Moeiro, Balneario de Guitiriz, A Ponte da Forxá, Área recreativa y piscina de Os Sete Muíños, O Pazo, Pardiñas.
 

Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

Comprende el cuarenta por ciento de la totalidad de la provincia de Lugo y conforma la segunda Reserva de la Biosfera en extensión de España. A lo que hay que incluír los 160.000 habitantes que en ella viven y para los cuales esta declaración de la UNESCO pretende fomentar un desarrollo económico que sea cultural y ecológicamente sostenible.
Ourol, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiríz, Muras, Vilalba, Xermade, Meira, Pol, Riotorto, Castroverde, Friiol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Baralla, Láncara e O Páramo.

Reserva da Biosfera " Terras de Allariz".

É un mosaico humano e natural elaborado con séculos de paciencia campesiña. O labor humano ao redor da auga configura daquela esta paisaxe. Dous son os ríos principais da reserva con camiños diferentes: Arnoia, tributario do Miño, e Limia, compartido con Portugal.
Allariz, Vilar de Santos, A Bola e Rairiz de Veiga.
 

Reserva da Biosfera "Xurés-Geres".

 É esta unha das reservas transfronteirizas meirandes da Unión Europea. Destaca, segundo o seu recente recoñecemento como Reserva da Biosfera pola UNESCO “pola variedade dos seus ecosistemas de bosque e turbeira, así como polo considerable número de especies endémicas baixo a influencia conxunta do clima oceánico e mediterráneo”.
 En Galicia: Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande. En Portugal: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre.
 

Reserva da Biosfera Os Ancares de Lugo.

Sorprenden os Ancares non por grandes alturas, senón polos fortes desniveis. Desde o encaixamento dos vales afundidos por baixo dos 300 metros ata os picos de case os 2.000 en poucos quilómetros. Os ríos da vertente galega son Navia, Rao e Ser; os altos, entre outros, Mustallar e os Tres Bispos.
Cervantes, Navia de Suarna e parte do municipio de Becerreá.
 

Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras do Bourón.

Fonteo, nomunicipio de Baleira, é como evidencia o seu nome un inicio. A fonte do Eo recolle as augas damontaña e comeza un camiño de pouco menos que oitenta quilómetros ata o Cantábrico. Axiña se verá rodeado de extensas carballeiras e recibirá achegas doutros ríos. Primeiro o Rodil, que baixa das terras do Burón, nome histórico da área da Fonsagrada; logo o Turia, procedente da comarca asturiana dos Oscos, que se xunta ao Eo na Pontenova. E xa veñen logo os afamados coutos pesqueiros de Abres (Asturias).

Distribuir contenido