Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras do Bourón.

Fonteo, nomunicipio de Baleira, é como evidencia o seu nome un inicio. A fonte do Eo recolle as augas damontaña e comeza un camiño de pouco menos que oitenta quilómetros ata o Cantábrico. Axiña se verá rodeado de extensas carballeiras e recibirá achegas doutros ríos. Primeiro o Rodil, que baixa das terras do Burón, nome histórico da área da Fonsagrada; logo o Turia, procedente da comarca asturiana dos Oscos, que se xunta ao Eo na Pontenova. E xa veñen logo os afamados coutos pesqueiros de Abres (Asturias). Pasarelas e pontellas permiten situarse no medio do río e gozar das estampas fluviais en ribeiras ás veces fortemente encaixadas e remansos.
O salmón segue a ser o rei do río. Na súa audaz viaxe polo océano, algúns ata as costas de Canadá e Grenlandia, para retornar ás augas doces do seu nacemento encerra unha aventura natural que os ríos cantábricos transmiten con forza. Eo pertence a esta emoción. Paisaxes líquidas e unha luz especialmente sensible as tonalidades verdes. O curso final é unha sucesión de meandros suxeitos paulatinamente á influencia dasmareas. Desde a localidade da Veiga/Vegadeo o val inundado convértese nun grande esteiro con xunqueiras onde pasan o inverno continxentes de anátidos e outras aves que aquí atopan refuxio durante os temporais.
Concellos galegos: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz. Concellos asturianos: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos.