Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

O Foro de Madeira está integrado polas consellerías de Vivenda e Solo, Innovación e Industria e Medio Rural, xunto co CIS-Madeira, o Clúster da Madeira, FEARMAGA, Asociación Galega Monte-Industria e FECEG, que constituíron un foro de traballo e opinión aberto a todo tipo de empresas e institucións vinculadas ao sector
 

 AFG é unha Asociación privada sen ánimo de lucro que agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia.

Agrupación de viveiros forestais privados para conseguir comezar ben o futuro dos nosos bosques, producir a planta da mellor calidade, en cantidade e coa xenética axeitada, debido a que unha óptima forestación depende da selección e da mellora do material vexetal de partida.
 

Asociación galega formada por persoas con inquedanzas por unha mellor xestión do monte galego.
 

Mundo de Milú é un espazo que Meniños dirixe, fundamentalmente, aos máis cativos: recollendo as súas aportacións e propostas, os seus debuxos, comentarios,... E tamén ofrecendo xogos, ferramentas, ligazóns de internet, libros, etc., que poidan ser do seu interese e utilidade. Paralelamente, ábrese este espazo para os maiores que están en contacto cotiá con eles e que levan a cabo labores educativos, ben dende o seu papel de nais, pais..., ou dende o exercicio de profesións como profesores, monitores de tempo libre, etc.
 

Este proxecto intégrase dentro das prioridades da Consellería do Medio Rural de impulsar a zona sur da provincia de Lugo. As posibilidades produtivas, climáticas, edafolóxicas, mesmo paisaxísticas, turísticas e de ocio, fan desta comarca unha das prioridades para poñela en valor.

Este proxecto integral abrangue todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións.
 

COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.
 

Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

A Asociación Escola de Tempo e Aire NÉBOA é unha entidade cultural  cuxos  obxectivos son  achegar a cultura á población especialmente ós máis novos. A cultura e o coñecemento son a identidade dun pobo e xeradores de riqueza, investigar e a achegarse aos coñecementos do pobo galego (historia, lendas, folcklore, ….) e da  lingua, e tratan de dalas a coñecer a todos os que os rodean, sobre todo ós máis novos.