Xosé Manuel Barreiro Fernández. Francisco Maseda Eimil
Comeza cunha introdución sobre o que é o cambio climático inducido pola acción humana mediante a emisión de GEI,continúa coa resposta institucional por parte dos distintos ámbitos (internacional, europea, nacional e galega). Seguidamente plasma a necesidade de levar a cabo unha estratexia para facer fronte ao Cambio Climático e expón como desenvolver dita estratexia ,mediante actuacións para dar a coñecer o coñecemento do clima e do Cambio Climático, políticas de redución de emisións, de promoción de sumidoiros e medidas de minimización dos efectos producidos polo Cambio Climático. Anexo a este documento vai un Plan de Seguimento da estratexia mediante indicadores e un comité especializado.