Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Galicia

Árbores e Formacións Senlleiras en Galicia

Autores - Colaboradores: 

Antonio Rigueiro Rodríguez, José Gaspar Bernárdez Villegas, Carlos Rodríguez Dacal, Miguel Ángel Montero Vaz

 

Este documento presenta unha serie de árbores pertencentes a distintas especies que se poden atopar ao longo da xeografía galega e que polas súas características, parámetros e datos que se toman en consideración para a súa cualificación ou formación son sobresíntes.
Organismo promotor: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. D.X. Conservación da Natureza.

 

Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia

Autores - Colaboradores: 

Vicente Pérez Muñuzuri. Marisa Fernández Cañamero. José Luis Gómez Gesteira.
 

Este documento analiza as evidencias científicas atopadas, así como os
impactos esperables nos diferentes ecosistemas galegos. Avaliáronse as evidencias e os impactos do cambio climático desde unha perspectiva probabilística, analizando a complexidade das simulacións realizadas cos modelos climáticos. As investigacións levadas a cabo mostran as evidencias que durante as últimas décadas se veñen observando sobre a existencia do cambio

Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático

Autores - Colaboradores: 

Xosé Manuel Barreiro Fernández. Francisco Maseda Eimil
 

Comeza cunha introdución sobre o que é o cambio climático inducido pola acción humana mediante a emisión de GEI,continúa coa resposta institucional por parte dos distintos ámbitos (internacional, europea, nacional e galega). Seguidamente plasma a necesidade de levar a cabo unha estratexia para facer fronte ao Cambio Climático e expón como desenvolver dita estratexia ,mediante actuacións para dar a coñecer o coñecemento do clima e do Cambio Climático, políticas de redución de emisións, de promoción de sumidoiros e medidas de minimización dos efectos producidos polo Cambio Climático.

O fenómeno do Cambio Climático

Este documento trata o tema do Cambio Climático. Comeza explicando o que son os GEI e as súas consecuencias para o planeta. A continuación trata o Protocolo de Kioto, o seu obxectivo, os gases aos cales se aplica e as medidas a tomar polos países que ratificaron dito protocolo e detense a explicar un dos obxectivos do protocolo que é o inventariado das emisións. Por último menciona a situación de Galicia en canto a emisións deste tipo de gases e as medidas tomadas pola Administración galega para a mellora neste tema.

Distribuir contenido