Esta boa práctica parte da implantación dunha forma racional e integrada de tratamento de residuos sólidos contando para isto cun proceso altamente participativo e que inclúe a construcción dunha planta de reciclaxe e compostaxe dando servizo ao 100% da poboación, reintroducíndose os produtos no ciclo produtivo a través de empresas de economía local. Con isto conseguiuse unha xestión dos residuos integrada e racional, ademais da concienciación e implicación social e o desenvolvemento dunha rede de infraestruturas que se traduciron nunha reducción do volume de residuos que ían parar aos vertedeiros.
Córdoba (Andalucía).