Proxecto que xurde da necesidade de novas canles de comercialización para os produtores hortícolas desa zona do Salnés. Co coñecemento previo por parte dun dos socios doutras iniciativas similares, crearon a primeira lonxa de produtos agrícolas de Galicia. Esta lonxa conta cun sistema de poxa que garante transparencia, seguridade e informacion o que é definitorio dunha nova relación entre comprador e vendedor. Convenceuse aos produtores destes produtos buscando incentivos e co tempo foron conseguindo que moitos comercializaran a través da lonxa. Contan cunha asistencia técnica que realiza un control e planificación da produción, estimularon para a creación dunha asociación de produtores e inculcaron criterios de produción integrada dentro dos cultivos. Apostan pola investigación, a formación e a divulgación para os produtores. Respecto da comercialización, ao aglutinar tanta mercancía poden chegar a distribuidoras dun maior tamaño. E independentemente de cal sexa a política de pagos do comprador final, a lonxa efectúa o mesmo con cadencia quincenal. Logrouse un espazo de confianza e alcanzar posicións negociadoras de forza.
Ribadumia.