Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Enerxía

Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermade-Lugo)

Sotavento Galicia SA constitúese en 1997 como Parque Eólico Experimental de las Naciones Unidas promovió pola Xunta de Galicia para obxectivo co CREAR Concepto nuevo parque eólico de la ONU. Coordina el público representantes de monja y privadas Proxecto donde el viento tecnoloxías desplegado en Galicia.
 

Indicadores Ambientais de Galicia 2007

Autores - Colaboradores: 

D. X. de Desenvolvemento Sostible
 

Este documento supón un instrumento de difusión e información da situación ambiental de Galicia. Os indicadores recollidos neste informe permiten concluír que aínda que aumentan as presións sobre o medio, tamén se desenvolven as políticas e as iniciativas encamiñadas a diminuír e a correxir as agresións sobre el. A partir dos datos que achega este primeiro informe de situación ambiental de Galicia dedúcese que queda un longo camiño por percorrer para acadar os niveis de calidade ambiental axeitado para a poboación galega.

Un "Eco-Barrio" en Alemania

 Neste video móstrase un ecobarrio situado en Alemaña, nel as casas unifamiliares de un barrio da cidade de Friburgo producen máis enerxía da que consomen. Son unha especie de pequenas 'centrales eléctricas'.
Organismo promotor: Berde Berdea

 

Cambia. Recicla. Camina. Apaga. Baja. ¡Comprométete!

Este é un folleto destinado aos estudantes no cal se informa sobre o cambio climático e sobre o papel que pode xogar o lector para controlalo. Nel invítase a firmar un compromiso para reducir as emisións de CO2 realizando pequenos cambios no comportamento diario.
Organismo promotor: Comisión Europea

 

Xornada sobre a prevención de incendios forestais en grandes infraestruturas e núcleos rurais

Autores - Colaboradores: 

Xosé Antonio Meixide.
 

Cambios no medio rural e a súa incidencia nas infraestructuras e incendios forestais.
Palabras clave: Xunta de Galicia. Consellería de Medio Rural

 

Gestión Energética Local, Energías Renovables y Participación. Una nueva cultura energética frente al Cambio Climático.

Este documento é un aporte ás Corporacións Locais unha visión completa sobre como aproveitar os recursos locais e estimular a participación e a implicación ciudadá no bó uso da enerxía, reducindo deste xeito a contribución ao cambio climático e reducindo os seus efectos.
 

Guía para a Selección do Equipamento e o Deseño de Edificios con Criterios Enerxéticos.

Esta guía é unha ferramenta de apoio para os responsables municipais encargados da adquisición de equipamento e contratación de proxectos e construción de novas edificacións. Nunha primeira parte , inclúense consellor e especificacións        técnicas mínimas que hai que aplicar na compra de equipamento, citando as distintas tecnoloxías existentes e vantaxes e inconvenientes de cada unha.

Aproveitamento enerxético da Biomasa

Documento no cal se define o que supón a opción da Biomasa como fonte de enerxía e a relación que ten co sector forestal pois os residuos que del se xeran poden ser recurso enerxético mediante a produción de enerxía utilizando a técnica da Biomasa.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

 

Guía de Recursos en Navarra. Energía y Cooperación al Desarrollo.

Esta guía realiza unha recopilación de experiencias, proxectos e recursos desenrolados por ONGDs que relacionan cooperación ao desenrolo e recursos. Identifica recursos tecnolóxicos, materiais, humanos, formativos e informativos que están sendo desenrolados e que poden ser aplicables ao ámbito da cooperación ao desenrolo. Identifica asimismo as liñas de financiación.
Organismo promotor:CRANA

 

Memoria anual 2008. IDEA

Nesta memoria anual faise nun primeiro momento a análise do aforro, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en España nese ano. Seguidamente os resultados obtidos da Estratexia Española de Eficiencia Enerxética e dos seus distintos plans. Explica as medidas adoptadas no Plan de activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011 así coma o balance de resultados do PER 2005-2010 no 2008 sobre a situación dos convenios para a realización de proxectos coas CCAA.

Distribuir contenido