Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Emisións

Indicadores Ambientais de Galicia 2007

Autores - Colaboradores: 

D. X. de Desenvolvemento Sostible
 

Este documento supón un instrumento de difusión e información da situación ambiental de Galicia. Os indicadores recollidos neste informe permiten concluír que aínda que aumentan as presións sobre o medio, tamén se desenvolven as políticas e as iniciativas encamiñadas a diminuír e a correxir as agresións sobre el. A partir dos datos que achega este primeiro informe de situación ambiental de Galicia dedúcese que queda un longo camiño por percorrer para acadar os niveis de calidade ambiental axeitado para a poboación galega.

Guía de referencia para o cálculo das emisións no marco do rexistro europeo para o sector conserveiro.

Autores - Colaboradores: 

Juan José Casares Long. José Gil de Bernabé Sánchez. Raúl Rodríguez Fernández. Laura Seoane Alcaraz. Sergio Ramos Rodríguez.Agustín Díaz Alonso. José Francisco Alonso Picón. Aurora Sáez Díez.

 

Guía de aplicación para o cálculo de emisións relacionadas có sector conserveiro, que é un dos grupos que aparecen no novo rexistro europeo, PRTR, que provén do reglamento nº 166/2006 da Comisión
Organismo promotor: D. X. Calidade e Avaliación Ambiental

 

Cambio Climático: O Reto do Século XXI

Autores - Colaboradores: 

D.X. de Desenvolvemento Sostible
 

Este video informa das graves repercusións que está a sufrir o planeta debido aos efectos do cambio climático. Nel interveñen diferentes persoalidades coñecedores deste tema dando a coñecer as súas teorías sobre o que o cambio climático está ocasionando no noso planeta.
Organismo promotor: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

 

Informe anual 2007 Calidade do Aire en Galicia.

Autores - Colaboradores: 

D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental
 

O Informe Anual 2007 analiza os resultados de calidade do aire ambiente rexistrados polas estacións de medición de concentración de contaminantes atmosféricos que compoñen a Rede Galega de Vixilancia de Calidade do Aire, tanto propias do ano avaliado, como algúns aspectos históricos de evolución desta dende 2004.
Organismo promotor: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Calidade do Aire de Galicia. Rede de Vixiancia.

 

Resumo das emisións individuais das instalacións afectadas pola Lei 1/2005 para o periodo de notificación 2009

Neste documento amósanse as instalacións sometidas ao réxime de comercio de dereitos de emisión en galicia desglosadas por sectores plasmando o total de emisións asignadas e declaradas.
 

O Cambio Climático. Caderno de actividades didácticas.

Autores - Colaboradores: 

cem, s.coop.galega
 

Organismo promotor: CEIDA. INEGA.

 

Informe das emisións das empresas afectadas polo comercio de dereitos de emisión . Período de notificación ano 2009.

Este é un informe no cal mediante multitude de gráficos se especifican as emisións realizadas polos distintos sectores en Galicia no 2009. Tamén se realiza unha comparación destas emisións cos anos anteriores dende o 2005.
 

Distribuir contenido