Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Saúde

Plantas útiles de Galicia.

Autores - Colaboradores: 

Beatriz Rodríguez Fernández. Cristina Gayo Cancelas. Jesús Manuel Rodríguez Casabiell.
 

Esta guía de Plantas Útiles de Galicia consta de 104 especies con variadas aplicacións medicinais e terapéuticas de uso externo e interno para o tratamento de diferentes doenzas, sempre baixo prescrición médica para non incorrer nunha mala administración do produto e acentuar ou mesmo agravar a enfermidade. Esta guía promove un coñecemento da flora e a súa preservación a través das diferentes utilidades que teñen para a humanidade, dado que todas as descritas teñen en común, entre outras utilidades, a de ser beneficiosas para a Saúde.

Estudo Aerobiolóxico Galicia 2006. Calidade do aire.

Autores - Colaboradores: 

F. Javier Rodríguez-Rajo. Victoria Jato, Isabel Iglesias. Mª Jesús Aira.

 

Neste traballo, recóllense os datos dos recontos de grans de polen e das esporas fúnxicas máis bundantes na atmosfera da comunidade galega, facendo especial mención ao ano 2006, polo que centraremos o obxectivo de estudo nestes dous axentes biolóxicos presentes na atmosfera.

 

Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia

Autores - Colaboradores: 

Vicente Pérez Muñuzuri. Marisa Fernández Cañamero. José Luis Gómez Gesteira.
 

Este documento analiza as evidencias científicas atopadas, así como os
impactos esperables nos diferentes ecosistemas galegos. Avaliáronse as evidencias e os impactos do cambio climático desde unha perspectiva probabilística, analizando a complexidade das simulacións realizadas cos modelos climáticos. As investigacións levadas a cabo mostran as evidencias que durante as últimas décadas se veñen observando sobre a existencia do cambio

Distribuir contenido