Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Atópase situado nos municipios de Entrimo, Lobios e Muiños, no suroeste da provincia de Ourense, e limita co parque nacional de Peneda-Gêres, en Portugal. Este parque ten 20.920 hectáreas, nas que se pode distinguir, por unha parte, o amplo val del río Limia e os seus afluentes, e por outra, a Serra do Xurés. Unha gran parte do territorio do parque encóntrase emprazado porriba dos 1.000 metros de altitude, alcanzando os 1.556 en A Nevosa. Sobresaen as formas graníticas e os vestixios da acción glaciar, con vals en cuna percorridos polos ríos Caldo, Vilameá e Homen nos que se atopa un amplo conxunto de morrenas glaciares a distinta altitude. Destaca a presenza de fontes termais e importantes vestixios da colonización romana.