Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sendeiro A Vía Escondida.

A ruta discorre na súa maior parte por sendeiros á beira do río e algunhas pistas forestais. Comeza na carballeira de Carbalinchán e en concreto dende Coto das Mos. A partir do muíño Bouza do Mogo, o camiño segue bordeando o río Cabanelas. Chégase á ponte de San Xián, a senda continúa paralela ao río augas arriba. Entre unha rica vexetación de ribeira aparecen os muíños de Abaixo, Chachopo, de Arriba, a Casa da Alvariza e o muíño de Aceñas de Abaixo. Complétase o percorrido visitando os muíños Aceñas de Arriva e Novo, séguese dirección Carballedo para ascender cara ó Coto de Castro. A senda regresa cara á nacional e Viascón, continuando a través dun pequeno sendeiro circular que enlaza outra vez co eixe principal, ampliación que nos permite ver muíños, a casa reitoral e o cruceiro na Igrexa.
N-541 Viascón, carballeira da Portela, puente de San Xián, carballeira de Carbalinchán, puente de Rexedoiro, molino Bouza do Mogo, puente de San Xián, piscina fluvial de Cabanelas, Muíño Novo, desvío a los petroglifos de las Coutadas, fuente de Natoal, mirador del Coto de Ramalloso, bosquete, petroglifo de Laxes, Ponte-Atalaia, Fonteseca, río Lérez, A Igrexa, carballeira das Portela y N-541 Viascón.