Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Val do Navea.

O río Navea rende as súas augas no Bibei pouco antes de que este desaugue á súa vez no Sil, ao cal lle espera o mesmo no Miño. Toda unha carambola das augas que pon en contacto o Macizo central ourensán co maior sistema fluvial do noroeste peninsular, o Miño-Sil.Todos estes ríos labraron corredores naturais cunha paisaxe a medida. O val do Navea é o que se conserva menos alterado. Destaca polo predominio da vexetación arbórea, como a gran fraga de San Xoán de Río a un lado do río e ao outro un dos afamados soutos da comarca de Trives. Históricos castiñeiros acompañados dos sequeiros, construcións dun andar empregadas para secar as castañas.
San Xoán de Río e Pobra de Trives.