Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Con moito acento; galego?

María Vázquez profesora de lingua española decidiu crear unha academia de idiomas especializada en novas tecnoloxías en Vimianzo ante a carencia de formación neste eido no ámbito rural. Unidades informáticas transportables dan servizo ata a 6 estudantes simultáneamente. O usuario utiliza uns auriculares e un micrófono e conversa cos compañeiros e profesor. O programa escoita, corrixe e analiza a pronunciación. O tipo de usuarios pertencen a tódalas idades, oficios e con todo tipo de obxectivos. Estanse organizando cursos para máis concellos.

Adaptación en ferro.

O que comezou no ano 53 na fabricación de fouces, co tempo  foise ampliando co uso de novas tecnoloxías e unha mellora da produtividade. Hoxe día é unha fábrica de pezas metálicas para sectores de ferraxería, construción e industria. Logrouse isto cunha mellora xeral na loxística que supuxo a automatización dalgúns dos procesos ou a incursión en novos sectores.  Agora esta fábrica conta cun laboratorio de I+D o que supón afrontar proxectos de maior envergadura.

Liñas mestras.

Relacionado coa arquitectura e enxeñería este estudo de Santa Comba proporcionan unha xestión global nunha variada tipoloxía de proxectos e clientes. Avalado por case un milleiro de  proxectos o facer deste estudo expandiuse non só xeográficamente, con dúas sedes máis en Sigüeiro e Arteixo, senón que tamén que laboralmente pois sumáronse sete traballadores máis aos 2 que comezaran. Son un equipo multidisciplinar e colaboran con outros profesionais e entidades para aumenetar a eficacia do produto. Consideran que Sta.

Antes e tamén despois da vendima.

Ante as "dificultades creadas" de pertencer ao sexo feminino e seren novas, dúas mulleres levaron a cabo o proxecto de creación dun laboratorio de análise de viños con asesoramento integral no proceso de elaboración en Salvaterra do Miño. O obxectivo eran os pequenos e medianos produtores que polos custos non poden permitirse infraestructuras nin servizos propios deste tipo, co cal polo gran número deste tipo de produtores na zona a demanda era alta. Moito do seu traballo é divulgativo e formativo para a adopción de usos correctos no mundo vitivinícola. 
Salvaterra do Miño.

Madeira dura oído fino.

José Ramón, coa finalidade de construir gaitas completas cando o seu fillo comezou a impartir clases de gaita, mesmo fabricou a maquinaria para o proceso de fabricación totalmente artesanal e individualizado para cada peza.  Posteriormente deciden abrir unha tenda vencellada ao obradoiro e vendo que se podían dedicar "en serio a iso" comezaron a facer máis instrumentos tradicionais galegos. Considéranse artesáns dos instrumentos ao servizo dos artesáns da música tradicional galega. Agora reciben encargos de todo o mundo.
Carballo.
 

Non é china, é de Pereiro de Aguiar.

Ésta é unha empresa familiar cons instalación no polígono do concello que se dedica a decorar porcelana. Esta labor ven por parte dos propietarios ven dende fai máis de vinte anos. Tralo contacto coa comercialización deste produto deron o paso á decoración do mesmo, actividade pioneira na provincia. Cada liña de produtos pode ter máis de 200 perzas e en total traballan 3000 elementos. O proceso é totalmente manual, de paciencia e precisión.

Hoxe o boneco está ledo… no rural.

Tras estar nunha empresa de animación en Santiago pasaron a instalarse no rural e comezaron unha iniciativa empresarial agochada detrás dun proxecto educativo. Deseñan e crean bonecos de la, algodón e madeira, apostando por un xeito de xogar máis sensible. Os seus "nichos de mercado" son dende tendas de puericultura a tendas de decoración, a finalidade é darlle valor engadido tendendo a seleccionar o cliente e entendendo os bonecos coma actores principais dunha mensaxe de maior globalidade axudando isto á súa valoración.

Máis luz para novos brillos.

Tras estudar arquitectura técnica e xemoloxía o propietario desta empresa comezou nunha labor herdada de seu pai. Iniciou este camiño traballando na súa vila natal cun aprendiz. O seu proxecto hoxe é a rehabilitación dunhas antigas vivendas do casco antigo para o aloxamento dun obradoiro de xoiería. Contarán cun taller (hoxe son 12 persoas a traballar) e un lugar de exposición para que a xente descubra o produto. Este taller de proxeción nacional e internacional, ó contrario do habitual, sitúase nesta pequena vila polo equipo humano que ten tanto apego á zona.

Sentemento na aldea.

Este proxecto foi iniciado por un lisboeta de orixe galega que decidiu cambiar o ritmo da cidade pola tranquilidade e riqueza do rural. O seu proxecto comezou coa rehabilitación da casa de seu avó e despois de sete casas máis da mesma aldea. Dende un principio buscou a non ruptura coa harmonía existente apostando por unha arquitectura biolóxica, empregando materiais nobres, autóctonos e respetuosos polo Medio Ambiente.

Escola de altura.

O iniciador deste proxecto veu do centro da península para Galicia. A súa empresa ofrece voos e a posibilidade de aprender a pilotar un ultralixeiro para a obtención da licenza necesaria da Dirección Xeral de Aviación Civil Española e tamén a xestión de tódolos trámites asociados. Funciona dende o aeródromo da vila de Mêa en Portugal trala negativa de tódolos aeródromos de Galicia a acoller a súa iniciativa. A raíza da escola creouse un club con máis de sesenta socios, a afección vai en aumento.

Distribuir contenido