Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Ría do Eo (ZEPA)

A Ría do Eo, situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estira de norte a sur. A súa importancia natural motivou que se declarara Zona de Especial Protección para Aves, ZEPA.  A riqueza ornitolóxica desta ría fai que sexa declarada como refuxio de caza, zona de especial protección para las aves (ZEPA)
 

Ría de Ortigueira e Ladrido (ZEPA)

A desembocadura dos ríos Mera, Caleira e Ladrido dan forma a esta aberta e sinuosa ría de pendentes suaves e altitudes baixas, onde se desenvolven unhas extensas chairas intermareales, amplas marismas e humedais e un ben desenvolto sistema dunar.  A gran productividade biolóxica dos humedais costeiros de Galicia  convérteos en lugares idóneos para la reproducción e invernada de numerosas aves acuáticas. Deste xeito a ría de Ortigueira consitúe un lugar privilexiado para observar garzas, zarapitos, ostreros, agujas, correlimos, archibebes, ánades.
 

Illas Sisargas (ZEPA)

As illas Sisargas son un pequeno arquipélago que se atopa fronte a Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes como Chalreu e Xoceiro. As illas son na súa maioría de natureza escarpada, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos acantilados. Porén, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadeiro e unha pequena praia no sur.

Lagoa e areal de Valdoviño (ZEPA)

A lagoa é de augas someras e un cordón dunar de considerable extensión. Alberga 1.000 aves acuáticas durante o período invernal e presenta unha notable extensión cuberta por vexetación palustre. Presenta un extenso areal con boas representacións de dunas primarias e unha interesante e diversa flora psammófila.
 

Complexo intermareal Umia-Grove, Lanzada, Punta Carreirón e Lago Bodeira (ZEPA)

Trátase dun conxunto de áreas litorais situadas no suroeste da ría de Arousa, que comprende a enseada de O Grove e o istmo de A Lanzada, o estuario do Umia, a lagoa Bodeira e o extremo sur da illa de Arousa (punta Carreirón).
 

Ría de Ortigueira e Ladrido-Humedal (RAMSAR)

As rías de Ortigueira e Ladrido constitúen un sistema típico de estuario, con saída a mar aberto. O estuario confórmano a desembocadura dos ríos Mera e Ladrido, desembocando tamén os ríos Casón, Pequeno e Maior na ría de Ortigueira e o regato de Barrros e outros da ría de Ladrido. Polo interés ornítico destacan tres áreas: a enseada de Ladrido, a de Mera e a de Caleira, O grupo máis importante de aves é o dos limícolas.
 

Ría do Eo-Humedal (RAMSAR)

Trátase dun enclave de especial interese para a avifauna acuática migradora, tanto como área de invernada como de paso o como refuxio ocasional cando os temporais de frío azoutan latitudes máis septentrionais. A especie que cumpre os criterios numéricos de Ramsar é Anas acuta. Es destacable la presencia de Lutra lutra.
 

Centro de interpretación Castro de Baroña

Situado no edificio da antiga Casa do Concello, facilita a comprensión do Castro de Baroña, un dos principais depósitos arqueolóxicos de Galicia. Maquetas, paneis, pezas orixinais e reproducións axudan a entender a vida e cultura das xentes que habitaron este poboado da Idade de Ferro e que se pode completar coa visita ó propio castro. O centro facilita servizo de guías para coñecer outros depósitos arqueolóxicos e petróglifos da zona.
 

Feira de troco na Praza de Abastos Compostela

Feira de troco levada a cabo na Praza de Abastos de Santiago de Compostela que ten coma obxectivo o intercambio daquelas cousas que se teñen pola casa e non se precisan pero que poden dar valor outras persoas.
 

Conteúdo sindicado