Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

DINÁMICAS DE OCUPACIÓN DO SOLO NA EURORREXIÓN: GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

imagen: 

COLECCIÓN: ESTUDOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Comprender como as alteracións do uso do solo afectan ao territorio, constitúe unhas das principais premisas para o desenvolvemento sustentable. A intervención humana sobre o territorio ten un papel fundamental nas transformacións do uso do solo con consecuencias á escala global. O estudo de Dinámicas de Ocupación do Solo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal identifica as clases de uso do solo con maior peso e dinamismo no territorio, analiza os patróns de alteración do solo urbano e rural e estuda algunhas das repercusións ambientais que estas alteracións teñen no territorio, sobre todo en cuestión de consumo de solo e enerxía.