Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Asociación Micolóxica "Pan de Raposo"

Ésta é unha asociación dedicada ao mundo da Micoloxía. Realiza actividades coma saídas de campo, xornadas micolóxicas, edición de un boletín…, investigación, formación, gastronomía...
 

Grupo de Investigación en Micoloxía.

O grupo de Investigación Micolóxica (Universidade de Vigo) comezou a sua actividade no ano 1990. Na actualidade esta composto por Marisa Castro, Alfredo Justo, José Rodríguez Vázquez,  Purificación Lorenzo e Xan Bellón. Na actualidade as liñas de investigación consisten nun catálogo macromicolóxico( coroloxía, taxonomía e ecoloxía) de Galicia e Norte de Portugal, Xestión dos recursos micolóxicos e taxonomía coroloxía e ecoloxía da Familia Pluteaceae S.L. (amanita, limacella, pluteus, torredia, volvariella) na Península Ibérica e Illas Baleares ( flora mycológica ibérica)
 

Asociación Micolóxica "Cogumelo"

Esta asociación organiza actividades relacionadas coa micoloxía coma congresos, exposicións, o premio Luis Freire ao mellor traballo sobre didáctica dos cogomelos, na súa web pódese atopar unha relación de cogomelos característicos das distintas zonas de Chantada ademáis de explicar noutra sección os rasgos principais dos diferentes tipos de cogumelos.
 

Agrup. Micológica Naturalista “Liboreiro”

A Asociación ten coma obxectivo a divulgación do coñecemento da Micología, principalmente das especies galegas de fungos, así coma doutros temas de interese xeral relacionados coa conservación dos recursos naturais e da biodiversidade. É unha asociación sen ánimo de lucro co obxectivo de profundizar no coñecemento dos fungos e da divulgación dese coñecemento a todas aquelas persoas da comarca interesadas no tema.
 

Grupo Micológico Lalín

Conteúdo sindicado