Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Contos Solidarios

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego. AGADER elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural.

Fragas de Mondeo. Fondo de Conservación da Natureza das Mariñas.

Fragas do Mandeo é unha entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas (Galicia, España). Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou cesión temporal, buscan conserva-los espazos naturais desta comarca.. Custodian as fragas para veciños e visitantes, para as xeracións presentes e as vindeiras. .
 

WEB: A vida dos Ríos Galegos

Esta páxina é un traballo de Secundino Lorenzo Fernández e ten coma obxectivos mostra-la vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai cando se atenta contra esta vida, pretender que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con paixón os nosos ríos e  defendémolos diante dun mal chamado progreso que non os respecta, fomentar con este traballo a afección a estas visitas a natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as nosas ribeiras, que sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia.

Asociación Casa Latina americano en Galiza CLAM

A CLAM surxe pola iniciativa dun grupo de estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela procedentes de América Latina, establecendo como obxetivo principal “Contribuir a investigación e a difusión da cultura latina americana”; ademais de formar vínculos sociais tanto coa sociedade galega, como con persoas do continente americano. As actividades desenvolvidas son conferencias, seminarios, foros de debates, boletíns, programas de radio e diversas actividades culturais.

Fundación Érguete-Integración

A Fundación Érguete-Integración nace coa finalidade de facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
 

 Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia

Asociación sen ánimo de lucro, de empresas privadas e cooperativas con domicilio social en Galicia e que se estende ás comunidades castelá leonesa e madrileña.

CEMMA

CEMMA é unha ONG galega con dezaoito anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través dunha investigación seria, promovendo e participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre os cetáceos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. Hai que engadir que CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.
 

Sociedade Galega de Ornitoloxía

 A SGO ten coma fins o estudo científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia. Ademais, tenta promover entre os cidadáns o coñecemento, aprecio e respecto das aves e da natureza en xeral.

Amarante

É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.

Conteúdo sindicado