Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Asociación Pola Defensa da Ría

 Esta asociación nace como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na zona; trátase dunha asociación ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -con independencia da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e potenciación da maior das riquezas ecolóxicas da bisbarra: a ría e o seu contorno.

Ecoespacio do Rexo (Allariz-Ourense)

O Centro de Educación Ambiental O REXO  é unha iniciativa heteroxénea de educación non regulada que conta cunhas instalacións (aula, granxa e queixería) acomodadas para desenvolver un proxecto educativo, que ten como fin e obxectivo xeral pór en coñecemento e valorización,  iniciativas de desenvolvemento rural que axuden a preservar o medio natural, xeneradoras de riqueza no noso monte para tecer unha economía local e social, baseada na explotación sustentable dos recursos naturais e dun estilo de vida saudable.
 

Seminario Galego de Educación para a Paz

 ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz.

Asociación Naturalista Bajo Miño

Esta asociación traballa pola conservación, estudo, divulgación e defensa do patrimonio natural do Baixo Miño.
 

Asociación Micolóxica Viriato

A Asociación Micolóxica Viriato leva máis de vinte anos divulgando temas relacionados coa micoloxía básica, coa culinaria... A divulgación é a súa devoción. Durante a tempada micolóxica organizan saídas tuteladas ao monte todos os sábados. A saída efectúase dende o  local social en Sillobre. Axudan as persoas que así o requiran na clasificación das setas que levan ao local.Periodicamente organizan ceas, xa que, ademais de micólogos considéranse micófagos. Para os fanáticos da Ciencia dispoñen dun microscopio profesional co que poden observar as esporas das setas.

Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa: " A Cantarela"

Esta agrupación realiza, ano tras ano, "Semanas Micolóxicas", saídas ao campo, excursións colectivas, charlas en colexios públicos e concertados da nosa comunidade e fóra dela, así coma ás agrupacións de mulleres rurais, teleclubes e sociedades culturais. Celébranse tamén comidas micolóxicas e concursos de cociña. Desde o ano 1.991, institucionalizaron a "Degustación Popular de Cogomelos ", que logo pasaría a denominarse "Festa dos Cogomelos" ), que consiste en ofrecer ao público asistente cogomelos preparados de forma variada, acompañadas de viño albariño, todo por un módico prezo.

Xuntanza de Micólogos "Os Cogordos"

Asociación ourensán integrada na Federación Galega de Micoloxía que realiza entre outras actividades relacionadas con esta temática conferencias, cursos, concursos, exposicións, reunións  semanais co obxecto de clasificación de especies e programación de actividades, saídas de traballo de campo para a recollida de cogomelos, excursións a explotacións micolóxicas, participacións en congresos, participación coma expositores e proxecto de elaboración dun libro sobre Micoloxía e receitas de cociña dos cogomelos.
 

Asociación ciudadana de lucha contra la droga en Vigo (Programa Alborada)

ONG de utilidade pública cuxa laboura é preventiva, asistencial e de incorporación social no campo das  drogodependencias.
 

Estación Fitopatolóxica Areeiro

Os seus obxectivos son asesoramento en materia de fitopatoloxía, axudar aos agricultores e Servizos Oficiais a recoñecer as pragas e enfermidades dos nosos cultivos, e a informar sobre a as medidas de protección e control que deben seguir para evitar as perdas que ocasionan estes patóxenos; no campo da fructicultura recuperación de variedades autóctonas galegas e a introdución de novas especies e variedades froiteiras aptas para a nosa zona coa realización dos estudos previos de aclimatación e agronomía, os resultados obtidos destas experiencias transmítense aos fructicultores por medio de

Asaja

Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia é unha Organización Profesional Agraria que agrupa ós pequenos e medianos empresarios agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.
 

Conteúdo sindicado