Esta agrupación realiza, ano tras ano, "Semanas Micolóxicas", saídas ao campo, excursións colectivas, charlas en colexios públicos e concertados da nosa comunidade e fóra dela, así coma ás agrupacións de mulleres rurais, teleclubes e sociedades culturais. Celébranse tamén comidas micolóxicas e concursos de cociña. Desde o ano 1.991, institucionalizaron a "Degustación Popular de Cogomelos ", que logo pasaría a denominarse "Festa dos Cogomelos" ), que consiste en ofrecer ao público asistente cogomelos preparados de forma variada, acompañadas de viño albariño, todo por un módico prezo.