Revista científica Galego-Lusófona de Educación Ambiental que neste caso comprende os números dos meses de xullo-decembro 2008. Este número é un monográfico sobre os usos de moitos dos espazos forestais que teñen un necesario uso social, científico e educativo: os parques periurbanos, xardíns botánicos e áreas forestais. Estes lugares están a funcionar, non só como pulmóns verdes e para o lecer, si non tamén como lugares para construir ciencia e cidadanía democrática, espazos vivos para a divulgación científica, a investigación e a sensibilización.