Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Projetos e iniciativas

Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia

Este centro `promove o desenvolvemento de proxectos de investigación,  a prestación de servizos como o estudio de materiais e produtos, a mellora de procesos produtivos, a formación de recursos humanos, e a información e documentación especializada. O centro está dotado dun completo laboratorio, equipado cos medios técnicos necesarios para realizar ensaios físico-mecánicos e químicos de diversa natureza.
 

Programa PEME Sostible e Responsable

Mecanismo e marco para xestionar unha estratexia de RSE nunha PEME co fin de que esta sexa sostible e responsable. Trátase dun proxecto piloto que permitirá dispoñer dun modelo destinado a incorporar a RSE no sistema de xestión das PEMES galegas. A realización deste proxecto baséase no uso de indicadores divididos en impactos sociais, medioambientais e económicos para cada un dos diferentes grupos de interese clave da organización
 

Observatorio Galego da RSE

O observatorio galego nace co propósito de cumprir unha dobre función. Función informativa pois o observatorio constitúe unha fonte informativa rigorosa e veraz sobre a aplicación da RSE na nosa comunidade; e función investigadora, complementaria da función informativa. A través do reporte de estatísticas e datos, o observatorio contribúe á transparencia en materia de RSE, favorecendo que todos os grupos de interese da responsabilidade social sexan coñecedores das principais informacións e avances con implicacións no ámbito.
 

Responsabilidade Social Empresarial (web da Xunta de Galicia)

Espazo web que proporciona información sobre os aspectos esenciais da RSE, os diversos xeitos en que as empresas galegas poden integrala na súa xestión diaria e como o goberno autonómico pode apoiar este esforzo.
 

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

O ISSGA é un organismo autónomo encargado da xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais neste ámbito e das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.
 

Portal da Inmigración

O Portal da Inmigración nos Concellos de Galicia pretende ser un instrumento de doado manexo e completa información sobre os procedementos administrativos e as institucións e recursos con que conta a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de inmigración.
 

Proxecto ACCEPT

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha especial importancia polo recoñecemento que lle outorgou a Unión Europea, as redes de comunicación que dende moi antigo enlazan aos territorios de Galicia e Norte de Portugal, xunto coas infraestruturas de comunicación actuais, fomentan a xeración dun constante fluxo empresarial, laboral e comercial; polo que non é estraño o frecuente tránsito de traballadores e traballadoras que cruzan a fronteira, que nos delimita como territorio pero non nos separa, para traballar a un e ao outro lado.

Instituto de Estudos Sociais e Internacionais

Somos unha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
 

Foro Social Galego (FSGal)

O Foro Social Galego (FSGal), que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.
 

Asociación Ais "Opeto"

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
 

Conteúdo sindicado