Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Sociedade

Campaña de comunicación e educación ambiental para a recollida selectiva da fracción orgánica en Mataró.

Campaña que perseguía unha recollida selectiva da materia orgánica, establecendo unha metodoloxía de comunicación e educación ambiental que servira para promover a participación activa de todo o tecido social na nova recollida. Esta campaña tamén busca un reforzo do resto de recollidas selectivas, así coma dos puntos limpos.
Barcelona, Mataró (Barcelona) y Premià de Mar (Barcelona).
 

Programa de compostaxe doméstica na comarca do Ribeiro (Ourense)

Programa experimental de compostaxe doméstico en 200 vivendas de catro municipios rurais, co fin de avaliar o grao de implicación da poboación neste proceso.
Comarca do Ribeiro.
 

Xestión da velocidade nas vías de acceso a Barcelona.

Medida levada a cabo polo goberno catalán consistente no establecemento de 80 km/h nas principais vías de acceso a Barcelona ao seu paso por 16 municipios da primeira coroa. A adopción desta medida busca reducir a contaminación e a sinestrialidade. Esta medida forma parte dun plan máis amplio de mellora de calidade do aire na área metropolitana barcelonesa.
Área Metropolitana de Barcelona.
 

Museo Arqueolóxico

Mostra dos vestixios existentes aínda hoxe en día no municipio de Cambre.
 

CI Muiño do Pozo de Cachón

 Desde el interior del edificio puede verse la maquinaria para la molienda. Además hay información en paneles sobre este conjunto. También se desarrollaron otras actividades como talleres y exposiciones.
 

C. Interpretación Lagoa de Cospeito

Situado ao mesmo pé da lagoa permite tomar indicacións e facerse cunha maior información do entorno que se vai visitar.
 

Centro Interpretación da Faba

Este Centro naceu co obxectivo de difundir as características da leguminosa e as técnicas de cultivo tradicionais que dende hai séculos se empregan na Mariña lucense.
 

York - A cidade sustentable (York - The sustainable city)

Plan levado a cabo pola cidade inglesa de York, que ten por finalidade reducir a pegada de carbono e aplicar diversas medidas de cara a un desenvolvemento sustentable da cidade coa participación cidadá na toma de decisións neste senso, mantendo así as cualidades da cidade e obter un equilibrio entre o crecemento económico e físico e a sustentabilidade.
York (Reino Unido).
 

CI Histórico Cultural Santa Leonor

Percorrido pola Comarca de Trives a través de luces, música, obxectos, voces e imaxes nas que o visitante entra a formar parte da Montaña  das Terras de Trives.
 

BioDiverCiudad.


Programa de educación ambiental aberto á cidadanía, de xeito especial aos nenos/as que ten coma fin aumentar o coñecemento da biodiversidade urbana. Este programa propón numerosas actividades de balde e ten na rede un instrumento de divulgación fundamental para toda a súa actividade.
Madrid, Barcelona, Lleida.
 

Conteúdo sindicado