Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

Novo Programa Leader de Galiza 2007-2013 "Construir un novo, tarefa de País"

Nesta presentación móstrase o programa de desenrolo rural Leader para Galiza no período 2007-2013 establecéndose medidas e obxectivos á vez que comparando coa experiencia do período 2000-2006.
Organismo promotor:Xunta de Galicia
 

Marco Nacional de Desarrollo Rural

Este documento preséntase co fin de incorporar elementos comúns e medidas ou actuacións horizontais de inclusión obrigatoria para os 17 programas de desenrolo rural rexionais, para cuxo seguemento se crea o Comité de Seguemento Nacional. Ademais dos 17 programas trata un específico chamado Red Rural Nacional.
Organismo promotor:Ministerio de Medio Ambiente y Rural y Marino

 

Directrices estratéxicas comunitarias de desenrolo rural (2007-2013)

Neste documento establécense as directrices estratéxicas comunitarias de desenrolo rural necesarias para alcanzar as prioridades da Comunidade en especial en relación cos obxectivos do desenrolo sustentable de Gotemburgo e a estratexia reformada de crecemento do emprego de Lisboa.
Organismo promotor:Consejo de la UE
 

Política de Desarrollo Rural de la UE (2007-2013) Eje 1

Neste documento presentación exponse o eixe 1 do desenrolo da UE que abarca o tema da competitividade do sector agrícola e forestal.
Organismo promotor:Comisión Europea de Agricultura y desarrollo rural
 

Informe del Secretario General de la ONU sobre Agricultura sostenible y Desarrollo Rural

Este informe dá a coñecer os distintos graos de éxito dos programas e políticas para reducir a pobreza nas zonas rurais. Fai constar que un elevado númenro de persoas de paises en desenrolo aínda carecen de acceso a servizos sociais básicos así coma o pouco desenrolo do mercado e que o crecemento das infraestruturas foi a un paso máis lento que o incremento da poboación. Para superar estes obstáculos proponse no informe unha serie de recomendacións entre elas, fundamentais, proporcionar acceso á financiación rural, mercados locais, tecnoloxía, educación e outros servizos sociais.

Estrategia Territorial Europea

Supón a definición dos modelos e políticas territoriales para conseguir un desenvolvemnto equilibrado e sustentable do territorio da UE
 

A Parroquia en Galicia, presente, pasado e futuro

Varios autores fan unha reflexión sobre os diferentes aspectos que definen a parroquia en Galicia. Pártese dunha visión actual, achegándose ao seu pasado, e analízase o seu presente e proxección de futuro. O libro acompáñase dun CD e un mapa de parroquias a escala 1:200.000
 

A Mariña Central. Escudo Territorial

Estudo integral da comarca da Mariña Central no que se realiza unha exhaustiva análese socioeconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

Ortegal. Escudo Territorial

Estudo integral da comarca de Ortegal no que se realiza unha exhaustiva análise socieconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

A Mariña Occidental. Estudo Territorial

Estudo integral da Comarca da Mariña Occidental no que se realiza unha exhaustiva análise socioeconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

Conteúdo sindicado