Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

Control de la calidad del aire por parte de la ciudadanía.

Esta iniciativa forma parte de un programa de control de la contaminación del aire realizado en el municipio de Sheffield (Yorkshire, Reino Unido).
Su objetivo es sensibilizar a la ciudadanía de la importancia de una buena calidad del aire para la salud y para la mejora de la calidad de vida.

CI do Castelo da Concepción (Cedeira)

Una pequeña fortaleza del siglo XVIII convertido en un aula de interpretación histórica y en una sala de exposiciones con paneles informativos y proyecciones sobre la historia de Cedeira.
 

Tren Berdea.

Nesta ocasión a práctica consiste na posta a disposición da cidadanía dun medio de transporte público, atractivo e divertido, para achegala aos espazos naturais do concello co obxecto de dar coñecer e difundir os seus valores naturais.
Irun (Gipuzkoa).
 

Acondicionamiento paisaxístico e percorrido botánico nun parque urbano.

O parque urbano Arenatza foi obxecto de fomento do valor paisaxístico, forestal, ambiental e lúdico mediante labouras de recuperación, consolidación e divulgación do parque e río colindante. Deste xeito, conseguiuse unha recuperación paisaxística e posta a disposición do público, incluídas visitas guiadas dunha parcela ribeireña de 22000 m2 mediante a plantación dunhas sesenta árbores.
Güeñes (Bizkaia).
 

Conservación da biodiversidade mediante a creación dun humedal.

Coa intención de favorecer a conservación da biodiversidade ligadas a este tipo de hábitats, creouse un humedal nunha zona de gran riqueza natural, o monte comunal Añarbe. Unido á creación do humedal creáronse puntos de interese naturalístico con información que permite interpretar, preservar e potenciar o humedal mediante o seu coñecemento. Logrouse a preservación da biodiversidade e o incremento da fauna acuática.
Errenteria (Gipuzkoa).
 

Guía comarcal de lugares de interese paisaxístico.

Esta práctica consistiu na elaboración dunha guía para das a coñecer os lugares máis destacables do Baixo Deba dende o punto de vista paisaxístico, amosando os seus recursos naturais e invitando a aprender a valoralos, conservalos e visitalos. Chegouse desta maneira a recopilar un único documento de todo o patrimonio paisaxístico e natural da zona.
Comarca del Bajo Deba (Gipuzkoa).
 

Viveiro municipal de plantas autóctonas.

Este concello tomou a iniciativa de por en marcha un viveiro de plantas autóctonas xestionado por voluntariado local, cunha produción suficiente para atender parte das necesidades locais. Logrouse deste xeito dispor de máis de 1500 pés de plantas autóctonas utilizadas para as rehabilitacións forestais, áreas verdes do concello e zonas adxacentes.
Asparrena (Álava).
 

Xestión sustentable dos bosques públicos.

Neste municipio deuse un impulso a unha xestión forestal sustentable coa intención de compatibilizar o rendemento económico forestal co rendemento ambiental e social conseguindo deste xeito a Certificación forestal Paneuropea. Logrouse tamén a rehabilitación dos bosques locais e a súa adecuación para o uso público.
Amurrio (Alava).
 

Estudo do municipio dende a óptica da sustentabilidade.

O concello de Sondika decidiu criterios vinculados á sustentabilidade nos temas relacionados co desenvolvemento e a ordenación territorial do municipio. Froito desta decisión prodúxose un aumento do grao de coñecemento dos problemas ambientais do concello, o que dá lugar a unha reflexión global e maior sensibilización a nivel municipal.
Sondika (Bizkaia).
 

Creación dunha zona verde fluvial.

Nesta cidade levouse a cabo a recuperación ambiental da marxe dereita do río Oria e a creación de espazos verdes de ribeira.

Conteúdo sindicado