Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

Ordenanza e xunta municipal para a xestión de residuos domiciliarios.

Neste concello alavense articulouse unha ordenanza municipal de xestión de residuos domiciliarios e a creación da Xunta municipal de residuos coma elemento de implicación da industria local, establecendo acordos de cooperación e prestación de servizos dentro da estratexia ambiental local. Froito do mencionado, logrouse a redución do vertido de residuos perigosos grazas a unha maior concienciación cidadá e ao coñecemento dos fluxos de residuos no concello.
Legutiano (Álava).
 

Gestion5r: unha ferramenta en Internet para a reciclaxe.

Para conseguir a calificación de boa práctica, este concello biscaíno creou unha ferramenta tecnolóxica e práctica que aglutina a maior información existente acerca da reciclaxe e xestión dos residuos a nivel estatal. Logrouse a sensibilización e orientación á poboación e empresas para a correcta xestión de residuos.
Gordexola (Bizkaia).
 

Creación de itinerarios escolares.

O obxectivo desta boa práctica era converter o traxecto de ir a pé ou en bicicleta á escola nunha actividade cotiá agradable e segura para que os nenos/as a puideran realizar solos. As medidas adoptadas conseguiron reducir a velocidade no entorno dos centros escolares, incrementando a seguridade viaria e reducindo a mobilidade con vehículos.
Cerdanyola del Vallès (Barcelona).
 

Rede de sendas urbanas e servizo de préstamo de bicicletas.

A idea da que se partía era a de facilitar o descubrimento da rede de sendas urbanas mediante un proxecto piloto de préstamo de bicicletas, con puntos de recollida e entrega esparcidos de xeito homoxéneo por toda a cidade e puntos clave da rede. O proxecto levado a cabo tivo éxito entre a poboación e supuxo un incremento no número de usuarios de bicicleta.
Vitoria-Gasteiz (Álava).
 

Plans municipais de mobilidade sustentable.

Esta boa práctica consistiu no deseño dun Plan Municipal de Mobilidade Sustentable e o debate dos proxectos que abarca este plan na Mesa da Mobilidade, a Mesa de Accesibilidade, o Consello asesor da Axenda 21, o Foro da Axenda Escolar 21 e o Concello; permitindo levar a cabo actuacións dirixidas ao logro dunha mobilidade máis racional e sustentable. Os avances foron significativos no uso do transporte público e a viabilidade peonil, ademais da redución do tráfico no centro.
Tolosa (Gipuzkoa).
 

Aldea Nova-Parque Temático do Rural

Aldea Nova é o único espazo aberto e vivo dedicado ao desenvolvemento rural sustentable de Galicia, ao seu estudo, divulgación e experimentación. A revelar e potenciar os seus recursos gandeiros, agrícolas, forestais, educativos e turísticos. A promover o seu uso de enerxías renovables e novas tecnoloxías da información. A impulsar a revitalización social, económica e ambiental das áreas rurais.
 

Creación dunha rede peonil para a cohesión do territorio.

Neste concello deseñouse unha rede peonil caracterizada por percorridos peonís iluminados de dous metros de plataforma libre e unha separación do tráfico rodado mediante zona axardinada de 1,5 metros; o deseño dun plan de comunicación electrónico. O que se conseguiu foi a construción de 10 kms de sendeiros peonis que xeran unha maior cohesión territorial e a moderación do tráfico no núcleo principal.
Loiu (Bizkaia).
 

Rede de vías exclusivas para desprazamentos en bicicleta.

Nesta cidade creouse unha rede básica de vías ou carriles exclusivos para bicicletas que conectan os distintos barrios. O obxectivo era posibilitar o uso da bicicleta na cidade e contribuir a un aumento de desprazamento urbanos por medios non motorizados. O gran logro foi a aceptación da bicicleta coma transporte urbano competindo así coa mobilidade motorizada privada. Entre os anos 1998-2003 duplicouse o número de desprazamentos diarios en bici.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Instalación de rampas mecánicas en rúas empinadas.

Esta boa práctica baseouse na instalación de cinco rampas mecánicas para mellorar a accesibilidade dunha zona con elevadas pendentes no municipio. Isto supuxo unha mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e un incentivo para os desprazamento peonís.
Basauri (Bizkaia).
 

Compra municipal ambientalmente correcta.

Procedeuse neste concello á implantación dun código interno de compras e contratos municipais baseado en criterios de aforro e eficiencia no consumo dos recursos e na filosofía do presuposto ambiental. Reduciuse con este código a xeración de residuos e emisións nas dependencias municipais , racionalizouse e ambientalizouse o servizo de compras e contratos, así coma un gasto menos de 5000 euros ao ano en adquisición de produtos de limpeza.
Manlleu (Barcelona).
 

Conteúdo sindicado