Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

Albergue Rural A Escola

Albergue Rural A Escola

Ekoscan: ferramenta para a ambientalización das instalacións e servizos municipais.

Para realizar esta boa práctica adaptouse unha ferramenta de mellora da xestión ambiental utilizada con éxito no ámbito industrial aos servizos e instalacións municipais. Conseguiuse unha efectiva mellora na xestión ambiental do servizo ou instalación municipal, sensibilizando á súa vez aos traballadores/as e cidadanía en actuacións que promoven a diminución da xeración de residuos e consumo racional de recursos.
Zumarraga (Gipuzkoa) Markina (Bizkaia).
 

Sistema de gestión medioambiental na praia.

Nas praias que dan nome ao concello (praias urbanas) procedeuse á implantación dun sistema de xestión medioambiental, abarcando non só as praias mesmas senón tamén, paseo marítimo e instalacións asociadas. Conseguiuse unha xestión máis eficiente dos recursos enerxéticos e hídricos e unha correcta xestión dos residuos mediante a concienciación de técnicos e usuarios.
Deba (Gipuzkoa).
 

Sistema de xestión medioambiental nunha área do Concello.

 Esta boa práctica levouse a cabo mediante a implantación dun sistema de xestión medioambiental no Departamento de Agricultura, Gandeiría, Montes, Medio Ambiente e Xuntas Administrativas do Concello de Amurrio, segundo o Regramento (CE) 761/2001 EMAS. Froito da implantación do sistema de xestión conseguiuse unha boa xestión ambiental dos montes públicos mediante unha xestión en continua mellora e con oportunidades de aforro económico.
Amurrio (Álava).
 

Aplicacións municipais de criterios de sustentabilidade enerxética.

Esta boa práctica supuxo a definición dos criterios básicos municipais de cara a mellorar a calidade ambiental a través da busca da sustentabilidade enerxética do concello. Logrouse a realización de auditorías enerxéticas en instalacións municipais e a instalación e fomento de infraestruturas de xeración de enerxías alternativas á vez que sustentables.
Irún (Guipuzkoa).
 

Formación para a implantación de instalacións de enerxía renovable.

Neste concello levouse a cabo unha estratexia de implantación de enerxías renovables mediante formación e capacitación de persoas que se encarguen de instalar os mecanismos de enerxía renovable. Froito desta estratexia instaláronse 140 paneis solares e placas fotovoltaicas, realizouse un proxecto de capacitación profesional, pedagóxico e de conciencia cidadá e prodúxose un impulso para a creación dunha empresa de enerxías renovables.
Ermua (Bizkaia).
 

Vigozoo

Zoolóxico situado en Vigo que exerce unha labor divulgativa das características e costumes dos animais que alí residen. Este zoo persegue os obxectivos de conservación, investigación e educación. Para elo estanse protexendo e conservando diferentes especies, fanse colaboracións en estudos de investigación e realízanse actuacións educativas para os distintos sectores do público visitante, que mediante a adquisición de valores e coñecementos os axuda a comprender o estado actual do medio ambiente e a actuar en consecuencia.
 

Aforro enerxético no alumeado público.

Esta iniciativa abordou a adecuación e redución do consumo enerxético municipal mellorando a eficiencia do alumeado público a as instalacións municipais. Conseguiuse unha redución de ata o 52% de consumo eléctrico, asi coma un menor gasto e contaminación lumínica.
Bakio (Bizkaia).
 

Recuperación dunha antiga central hidroeléctrica.

Esta boa práctica consistiu na recuperación dunha antiga central hidroeléctrica en desuso para producir e vender enerxía seguindo o réxime especial segundo o Real Decreto 2818/98, do 23 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica de instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable, residuos e coxeneración. Con isto logrouse a produción de 3 millóns de KWh ao ano a partires dunha fonte de enerxía limpa e a recuperación do patrimonio industrial municipal.
Asparrena (Álava).
 

Conteúdo sindicado