Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

ProjectZero Sønderborg (Dinamarca), cidade libre de emisións.

Proxecto parte da visión de converter a poboación nun territorio con cero emisións para o ano 2029. Proxecto formado por outros proxectos que afectan a todos os distintos sectores da sociedade, loitando por conseguir cumprir o reto dun compromiso e elevado nivel de participación de todos os axentes implicados.
Sønderborg (Dinamarca).
 

A U Urbana – O libro branco das rúas de Barcelona.

Elaboración da primeira guía de ordenación das rúas de Barcelona. Elaborada por expertos en distintas materias, lograron cun enfoque plural das intervencións no espazo público a realización dunha ferramenta práctica e útil para os profesionais da área.
Barcelona.
 

Regulación do uso, conservación e protección dos camiños municipais de uso público do termo municipal de Córdoba.

Proxecto dirixido ao recoñecemento dos trazados dos camiños municipais e localización de fontes, abrevadeiros e alcubillas, regulando asimesmo o seu uso.
Córdoba.
 

Revexetación para a recuperación paisaxística da campiña de Córdoba.

Proxecto que establece a planificación, diagnóstico e xestión ambiental da Unidade Xeoecolóxica da Campiña de Córdoba, en relación co resto do concello. Dito proxecto pretende afrontar a problemática da simplificación da paisaxe agrícola, a perda de biodiversidade, os procesos erosivos, a contaminación difusa e a desconexión ambiental e territorial do municipio.
Córdoba.
 

Parque Agrario do Baix Llobregat (Barcelona)

Gestión de extensa zona agrícola de 3.000 Ha co fin de preservala da presión urbanística e introducindo unha agricultura viable económicamente con cultivos coma hortalizas e froitas.
Comarca del Baix Llobregat (Barcelona).
 

Diagnóstico sociourbanístico do barrio de Las Fuentes e propostas de actuación para o 2025 (Zaragoza)

Estudo sociolóxico dun barrio da cidade de Zaragoza cunha importante aportación de da participación cidadá. Dito estudo realizouse coa finalidade de que os datos obtidos sexan tidos en conta polo concello para unha transformación urbana no horizonte do 2025 onde o social e o urbanismo teñan igual protagonismo.
Zaragoza.
 

Plan integral de mellora e recuperación urbanística do distrito de Ciutat Vella (Barcelona)

Plan de recuperación co obxectivo de eliminar os déficits estructurais existentes no núcleo urbano da cidade de Barcelona onde á degradación urbanística se suma unha degradación de tipo social. Este plan permite unha intervención consistente na creación de distintos instrumentos organizativos a diferentes escalas nun proceso continuado.
Barcelona.
 

Propostas de revitalización urbana do barrio de Delicias (Zaragoza)

Consistente na rehabilitación dun barrio en Zaragoza, orientada a superar os desequilibrios presentes na planificación, mellorando a calidade e a funcionalidade dunha zona chamada a cumprir un papel de nova centralidade no futuro.

Creación do novo distrito de Kronsberg en Hannover (Alemania)

Desenvolvemento do distrito de Kronsberg co obxectivo de lograr un modelo de desenvolvemento sustentable no ámbito urbano cubrindo ao mesmo tempo as necesidades de nova vivenda. Na súa construcción adoptáronse os elementos máis innovadores.
Hannover (Alemania).
 

M. Etnográfico de Castrelo do Val

Colección de objetos relacionados con los oficios tradicionales de la zona.
 

Conteúdo sindicado