Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Recursos Externos

Reutilización da auga no Plan director de utilización de augas externas á rede de distribución de auga potable de Sabadell (Barcelona)

Plan Director que aposta pola utilización de augas externas á rede de auga potable da cidade para determinados usos coma a limpeza de rúas, rego de zonas verdes ou incluso industrial.
 Sabadell.
 

Fomento do aforro de auga no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Calvià (Mallorca)

O Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello plasma a obrigatoriedade de adoptar medidas para o fomento do aforro de auga. En concreto, obrígase á instalación de contadores individuais de auga para cada punto de consumo independente, o aproveitamento da auga de choiva e o aproveitamento de augas grises.
Calvià.
 

Plan de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès.

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

Instalación minieólica en edificios urbanos en Lisboa.

Trátase dunha instalación minieólica en cuberta que consta de oito aeroxeneradores urbanos que producen 38.000KWh ao ano.
Lisboa.
 

Centro de Interpretación Sefardí

Iniciativa Imagine: preparar as cidades europeas para un novo futuro enerxético.

Consiste nunha plataforma multidisciplinaria e con múltiples actores para compartir e discutir aspectos da sustentabilidade urbana vinculados coa enerxía creando coñecemento que sexa útil a medio e longo prazo con diversos instrumentos ( seminarios anuais, conferencias, xornadas, exposicións, etc.).
Energy-Cities.
 

Energy Harvesting System: Enerxía eléctrica xerada polo paso de vehículos na estrada.

Consiste na obtención de enerxía renovable a partires do tráfico de vehículos e persoas nas rúas, carreteras, autopistas, ferrocarriles, aeroportos e centros comerciais. O sistema baséase en xeradores piezoeléctricos que converten enerxía mecánica e enerxía eléctrica.
Israel.
 

3-E Houses. Saving Energy & the Environment across Europe.

Proxecto impulsado pola UE no cal participan diversas cidades europeas co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. O proxecto pretende lograr, a través da instalación de sistemas domóticos, do uso das tecnoloxías da información (TIC) e da colaboración dos usuarios, unha reducción de ata un 20% no consumo enerxético das vivendas.
Sant Cugat (España), Bristol (Reino Unido), Leipzig (Alemania) y Sofía (Bulgaria).
 

Refrixeración de andéns, oficinas e locais comerciais da estación de Metro de Pacífico de Madrid mediante un sistema de bomba de calor xeotérmico (BCG)

Co obxectivo de obter unha temperatura moderada levouse a cabo a implantación dun sistema baseado na enerxía xeotérmica, intercambiando calor a partires de aire ou auga que se envía dende o subsolo, aproveitando que a temperatura de este é constante ao longo de todo o ano. Deste xeito, o aire que se manda en verán enfríase ao pasar polas canalizacións do subsolo e volve á superficie cunha temperatura menor, producíndose o proceso inverso en inverno.
Madrid (Estación Pacífico de la línea 1 del metro).
 

Conteúdo sindicado