Os seus fins e propósitos como asociación nun principio, atopáronse na defensa e impulso da lingua galega, a etnografía, a defensa do patrimonio cultural e histórico e a conservación e pulo do medio natural da zona. Porén, co paso do tempo a meirande parte dos esforzos centrouse no eido da ecoloxía. As súas ferramentas de traballo son a denuncia lpública nos medios de comunicación e denuncia formal perante os diversos organismos e institucións oficiais, sunto coa divulgación e a educación ambientais.