Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Publicações

Libro Blanco de la Agricultura y el Desarrollo Rural

"O Libro Blanco é un documento descriptivo no que, por un lado, se expoñen e analizan ordenadamente a situación actual e os problemas básicos agrarios e rurais, e por outro, establécense previsións sobre a evolución desexable do sector.

OECD Rural Policy Reviews: Spain

"A transformación radical que en España as zonas rurales experimentaron nas últimas décadas suxiren que, como ocurriu en moitos países da OCDE, fora necesario un novo enfoque da política rural. España realizou recentemente unha importante reforma das súas políticas rurais, incluída a fusión do Ministerio de Agricultura co Ministerio de Medio Ambiente e a recentemente aprobada "" Ley de Desarrollo Sostenible del Medio Rural"". Este novo marco crea ""Unha política rural do estado"", logrando que España esté en mellores condicións para afrontar os retos e oportunidades das zonas rurais.

Política de Desarrollo Rural de la UE 2007-2013

Adoptada en 2005 polo Consello de Agricultura supón unha reforma fundamental da política de desenrolo rural para o período 2007-2013. Integra a iniciativa comunitaria Leader e dá un paso cara a simplificación abordando o desenrrolo rural a través dun único marco de financiación e programación. Os obxectivos son aumentar a competitividade do sector agrícola, valorizar o entorno e o paisaxe rural a través do apoio á xestión do territorio e mellorar a calidade de vida nas zonas rurais e fomentar a diversificación da actividade económica.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

Directrices estratégicas comunitarias de desarrollo rural (período de programación 2007-2013)

Directrices tomadas para a realización da Política de Desenvolvemento Rural da UE para o período indicado.
Organismo promotor:Consello da UE
 

Agenda 2000

Establece un conxunto de reformas das políticas da UE, incluída a agricultura , acordadas na Cumbre de Xefes de Estado ou de Goberno da UE, no Consello Europeo de Berlín, celebrado en maio de 1999, que fixou as "Perspectivas Financieiras" para o presuposto da UE a partires do 2000-2006.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

Cumbre de Berlín 1999

 Aproba a Axenda 2000 que prevé un incremento de recursos nos próximos anos ademais dunha concentración temática e xeográfica das accións estruturais para reducir as desigualdades rexionais e lograr unha converxencia real entre os diferentes estados membros.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

Conferencia de Salzburgo 2003 (Conclusións e Programa)

"A Conferencia de Salzburgo é un seguemento da Conferencia de Cork sobre desenrolo rural (1996), que abriu un amplo debate sobre a política de desenrolo rural. Ese proceso culminou na Agenda 2000, que viu a política de desenrolo rural establecido coma o segundo pilar da política agrícola común. A conferencia ofrece unha oportunidade para unha ampla reflexión sobre a experiencia da actual xeración de programas de desenrolo rural que vai dende 2000-2006, e extraer leccións e conclusións para a próxima xeración de programas durante o período 2007-2013.

"

Enfoque LEADER. Guía básica

Este documento expón o enfoque Leader e explica cómo poder utilizalo para o desenrolo dos núcleos rurais. Nel tamén se ofrece información básica sobre o xeito de poñelo en práctica a escala local, coma parte integral da política de desenrolo rural da UE. O documento componse dunha descripción do concepto Leader, das principais características do seu enfoque, dunha explicación básica sobre o funcionamento de tal enfoque sobre o terreo e os puntos importantes para obter máis información.
 

Conferencia Europea de Ministros Responsables da Ordenación do Territorio (CEMAT)

Nesta conferencia díctanse catro resolucións nas que se decide recomendar aos estados membros acerca de temas coma o Desenrolo Policéntrico e a Gobernanza Territorial, ademais de realizar un compromiso de levar a cabo tódalas accións pertinentes que contribúan ao fortalecemento da competitividade mundial de tódoalas resios do continente europeo. Na cuarta resolución, establécese o tema a tratar na seguinte edición.
Organismo promotor:Consejo de la UE
 

V Conferencia Internacional de Desarrollo Rural de la OCDE, titulada “Regiones Innovadoras: el Papel del Capital Humano y la Tecnología”.

A conferencia desenrolouse en seis sesións. Na primeira, “Innovación nas rexións rurais: ¿unha excepción ou unha necesidade?”, os intervintes centraron os seus discursos na idea de que a innovación é a clave para o futuro das zonas rurais. A segunda sesión abordó de forma pormenorizada a atracción do capital humano ás zonas rurais.

Conteúdo sindicado