Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Meio Urbano

Instalación de rampas mecánicas en rúas empinadas.

Esta boa práctica baseouse na instalación de cinco rampas mecánicas para mellorar a accesibilidade dunha zona con elevadas pendentes no municipio. Isto supuxo unha mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e un incentivo para os desprazamento peonís.
Basauri (Bizkaia).
 

Sistema de gestión medioambiental na praia.

Nas praias que dan nome ao concello (praias urbanas) procedeuse á implantación dun sistema de xestión medioambiental, abarcando non só as praias mesmas senón tamén, paseo marítimo e instalacións asociadas. Conseguiuse unha xestión máis eficiente dos recursos enerxéticos e hídricos e unha correcta xestión dos residuos mediante a concienciación de técnicos e usuarios.
Deba (Gipuzkoa).
 

Campaña de sensibilización e prevención contra o ruído.

Esta iniciativa consiste na sensibilización á poboación respecto á contaminación acústica, contribuíndo á súa prevención e redución dos niveis de ruído ambiental a medio prazo. Logrouse identificar os focos conflictivos respecto do ruido da cidade e priorizáronse as accións a levar a cabo en ditas zonas.
Lisboa (Portugal).
 

Sistematización del control de la calidad del aire de un municipio.

Esta idea comezou coa realización dun estudo para coñecer o contido particular de metais pesados suspendidos no aire e os compostos orgánicos volátiles da fase gaseosa. Logrouse a sistematización do control de calidade atmosférica do municipio permitindo a súa caracterización, localización dos principais focos de emisión e unha maior sensibilización cidadá.
Azpeitia (Guipuzkoa).
 

A U Urbana – O libro branco das rúas de Barcelona.

Elaboración da primeira guía de ordenación das rúas de Barcelona. Elaborada por expertos en distintas materias, lograron cun enfoque plural das intervencións no espazo público a realización dunha ferramenta práctica e útil para os profesionais da área.
Barcelona.
 

22@ Distrito da Innovación e o Coñecemento en Barcelona.

Transformación de 200 hectáreas industriais do barrio histórico de Poblenou no distrito produtivo da cidade destinado á concentración e desenvolvemento de actividades intensivas de coñecemento, mantendo o tecido residencial e comercial.
Barcelona.
 

Bases para a implantación dunha nova rede de autobuses para Barcelona no marco dun novo modelo de mobilidade.

Deseño dun novo modelo de rede de autobuses que incrementa a calidade do servizo. As actuacións que conleva este cambio comprenden un deseño dunha rede ortogonal de vías básicas, extensión do carril bus e prioridade semafórica, incremento das frecuencias de paso e localización das paradas nos cruces entre eixes verticais e horizosntais e creación de nodos intercanbiadores  que axilizan o trasbordo.
Barcelona.
 

Fomento do aforro de auga no rego de parques e xardíns de Leganés (Madrid)

Implantación de un plan de reutilización de auga para o rego das numerosas zonas verdes coas que conta este concello. Os principais eixes de actuación do plan son a mellora do sistema de depuración coa construcción de novas depuradoras e a ampliación das xa existentes, a creación de novas infraestruturas de distribución para reutilizar a  auga procedente das depuradoras e a reutilización dos residuos e lodos xerados pola depuración de augas residuais.
Leganés.
 

Fomento para o aforro e reutilización da auga no plan integral de aforro de auga de Vitoria - Gasteiz.

 Implantación dun Plan de Aforro de auga que conseguiu dotar dunha maior e mellor eficiencia ao sistema de distribución e, actuar sobre a demanda para diminuír o consumo dos diferentes axentes.
Vitoria-Gasteiz.
 

Sistema de xestión remota e centralizada da rede de rego de parques e xardíns da cidade de Mataró (Barcelona)

Implantación dun sistema de xestión remota e centralizada, vía Internet, da rede de rego dos espazos verdes da cidade. Este sistema permite un aforro importante de auga e facilita, a xestión do rego aportando aforro de tempo ao persoal de mantemento dedicado á programación, peche e apertura do rego das zonas verdes.
Mataró.
 

Conteúdo sindicado