Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Economía

Plan de mellora da calidade do aire do municipio de Bailén (Jaén)

Ante a superación dos valores límite de calidade do aire debido á importante industria dedicada á cerámica artística, foi necesario a elaboración deste plan de mellora de calidade do aire.
Bailén.
 

Pago por xeneración de residuos (taxa xusta) en Argentona (Barcelona)

Supón a instauración no Concello de Argentona dunha taxa pola cal os cidadáns que menos residuos xeran pagan menos e os que producen unha contía elevada pagan máis. Esta taxa é denominada "taxa xusta" polo reparto máis equitativo que establece á hora de pagar considerándose deste xeito un incentivo económico para reducir e reciclar.
Argentona.
 

Guía CARPE: directrices comúns para a compra pública responsable en Europa.

Guía que proporciona as directrices para diferentes estratexias de compra responsable.  Esta guía realizouse a través da exploración de oportunidades para a adopción de criterios sociais e ambientais nas compras de a realizar por entidades públicas. Este proxecto do cal forman parte doce membros de EUROCITIES, analizou experiencias a través dos diferentes enfoques da compra responsable coma o comercio xusto, a compra verde ou a promoción do emprego.

Inclusión de criterios ambientais na compra de mobiliario urbano e outros productos derivados dos bosques.

Inclusión nos plegos de condicións do concurso de suministro de bancos de madeira de criterios ambientais, por parte do Servizo de Medio Ambiente da Diputación de Toledo coa colaboración do Servizo de Contratación. Entre outras condicións, é obrigado que a madeira conte cun certificado de xestión forestal.
Toledo.
 

Estudo dos servizos do verde urbano en Barcelona.

Estudo realizado mediante a aplicación dun modelo informático innovador para avaliar diversos servizos ecolóxicos e económicos e as posibles modificacións necesarias no tipo de vexetación e a súa distribución para obter maiores beneficios.
Barcelona.
 

SIIUR-Alumeado exterior público Ecodixital.

Sistema que inclúe aproveitamento de infraestrururas para comunicacións e servizos municipais ou a terceiros, permitindo unha solución integral de iluminación urbana ademais da creación dun novo modelo de negocio innovador, tanto para o concello coma para outros axentes do sector. Os resultados son aumento da eficiencia do alumeado, facilitación da súa xestión, aforro enerxético, económico e permite aproveitar as infraestruturas para outros usos.
Barcelona.
 

Mercados de intercambio.

Trátase de espazos cívicos onde se poden intercambiar obxectos que xa non son de utilidade para os seus propietarios. Co obxectivo de que outra persoa aproveite ese obxecto antes de tiralo obtense o beneficio mutuo e conséguese a toma de conciencia sobre a importancia da reutilización.
Barcelona e outras moitas poboacións.
 

Xestión avanzada do alumeado público no municipio de Caldes d’Estrac (Barcelona)

Instalación dun sistema de máxima eficiencia enerxética que supuña evitar a contaminación lumínica incorporando a tecnoloxía máis avanzada. O proceso distribuiuse en tres fases que deron coma resultado un aforro de 32.025,10 euros ademais de evitar unha emisión de 203.893,1 kilos menos de CO2 á atmósfera.
Caldes d’Estrac.
 

Desarrollo de Valdicio: mejora de las condiciones de vida en el medio rural.

Valdicio es una zona de alta montaña cántabra. Sus 188 habitantes vivían en cabañas de piedra, carecían de agua corriente y de servicios sanitarios. El principal problema que padecía esta comunidad era el aislamiento y falta de comunicación pues una única carretera les vinculaba al mundo exterior lo que provocaba un sentimiento de apatía y de rechazo hacia cualquier modificación de su vida diaria.

Mejorar la recuperación de botellas retornables.

Una de las medidas adoptadas para la minimización de los residuos de envases generados por los clientes de Bodegas Elósegi contemplaba la utilización de botellas retornables con aquellos clientes donde la aplicación del sistema de devolución y retorno de envases fuera viable. Tras el inicio de la utilización de las botellas retornables se observó que muchos clientes depositaban los envases retornables en el contenedor de vidrio.

Conteúdo sindicado